Resumo de resultados


Datos Básicos. Estrutura da poboación e movementos migratorios

Poboación o día 1 de xaneiro de 2022 segundo o sexo
Persoas


INE. Padrón municipal de habitantes

Durante o ano 2021 o número de empadroados en Galicia diminuíu en 5.181 persoas

O día 1 de xaneiro de 2022 residían en Galicia 2.690.464 persoas, segundo a cifra oficial de poboación facilitada polo Padrón municipal de habitantes. No último ano o número de residentes en Galicia reduciuse en 5.181 persoas, o que supón unha diminución interanual en termos relativos do 0,19%.


Comparación das pirámides de poboación de Galicia e España. Ano 2022
Tanto por cento


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes

En Galicia residen 164 maiores de 64 anos por cada 100 menores de 20 anos

O índice de envellecemento, calculado coma o cociente das persoas de 65 ou máis anos entre os mozos menores de 20 anos, amosa a grao de envellecemento que sofre a poboación dunha rexión. No ano 2021 en Galicia este índice acadou o valor de 163,59, é dicir, por cada 100 mozos menores de 20 anos residían en Galicia máis de 164 maiores de 64 anos. Pola súa banda, na pirámide de poboación de Galicia apréciase que a galega é unha poboación envellecida, cunha base estreita, o que indica que nacen poucos nenos e nenas. Por contra, a parte central e superior da pirámide son anchas, sintomático dunha estrutura poboacional con predominancia da xente de avanzada idade.


Poboación de nacionalidade estranxeira. Ano 2022
Persoas


INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2022

O 4,4% da poboación residente en Galicia ten nacionalidade estranxeira

O día 1 de xaneiro de 2022 tiñan fixada a súa residencia habitual en Galicia 118.740 persoas de nacionalidade estranxeira, o que supón o 4,4% do total da poboación galega.

O 27,8% dos estranxeiros e das estranxeiras residentes en Galicia pertencen á UE-27. Dentro destes, os grupos máis numerosos son o dos portugueses (14.655) e dos romaneses (7.313). Entre os estranxeiros extracomunitarios, os cidadáns de América do Sur suman 46.341 persoas. Destacan os grupos de venezolanos (14.290), colombianos (10.065) e brasileiros (8.876). Tamén é numeroso na nosa Comunidade Autónoma o colectivo de persoas de nacionalidade marroquí, con 8.809 persoas inscritas no Padrón Municipal de Habitantes de Galicia.


Comparación das pirámides de poboación segundo a nacionalidade
Galicia. Ano 2022
Tanto por cento


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2022

A poboación de nacionalidade española está máis envellecida que a de nacionalidade estranxeira

En 2022 a poboación de nacionalidade estranxeira aumentou un 3,7% con respecto ao ano 2021. Por países sobresae a evolución da emigración procedente de Colombia e Perú, cun incremento de residentes do 11,8% entre ambos períodos. En conxunto, o número de residentes procedentes de Sudamérica aumentou un 6,2%, axudado sobre todo pola evolución de Colombia e Perú, pero tamén de Arxentina, Venezuela e Cuba (con incrementos do 9,0, o 8,2 e 6,6% respectivamente). O número de estranxeiros procedente da UE-27 diminuíu lixeiramente entre 2021 e 2022; esta diminución debeuse principalmente á emigración procedente de Portugal e Romanía, dúas das tres principais nacionalidades europeas presentes en Galicia, e que diminuiron o seu número de residentes un 1,0% e un 5,9% respectivamente entre 2021 e 2022.

A comparación das pirámides de poboación por nacionalidades amosa que a poboación española está máis envellecida que a de nacionalidade estranxeira. Así, o 26,6% da poboación residente nunha das catro provincias galegas, de nacionalidade española, ten 65 ou máis anos. Esta porcentaxe, no caso da poboación de nacionalidade estranxeira é moito máis baixa, do 6,6%.


Movementos migratorios externos. Ano 2021
Persoas


INE. Estadística de variaciones residenciales. Elaboración propia a partir dos ficheiros proporcionados polo INE
Nota: na emigración ao estranxeiro inclúense as baixas por caducidade

En 2021 aumentaron as emigracións a outra Comunidade Autónoma e as dirixidas cara o estranxeiro

Durante o ano 2021 marcharon de Galicia 26.702 persoas e chegaron 41.150 procedentes do resto de España ou do estranxeiro, o que sitúa o saldo migratorio externo en 14.448 persoas. Neste ano chegaron a Galicia 5.533 inmigrantes máis que en 2020. As entradas procedentes do estranxeiro aumentaron arredor dun 35,55%; as procedentes doutra comunidade autónoma aumentaron un 1,71%. Un total de 18.180 galegos e galegas marcharon de Galicia con destino a outra comunidade autónoma (un 22,33% máis que en 2020) e 8.522 fixérono ao estranxeiro (un 38,82% máis que en 2020).


Poboación de nacionalidade española residente no estranxeiro e inscrita nalgunha provincia de Galicia. Distribución segundo o sexo e os grupos de idade. Ano 2022
Persoas


INE. Padrón de españoles residentes en el extranjero
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2022

Arxentina e Brasil son os países estranxeiros onde viven máis galegos e galegas

O día 1 de xaneiro de 2022 residían no estranxeiro un total de 529.038 persoas de nacionalidade española e inscritas nalgunha provincia galega no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE). O 34,5% destas persoas residía en Arxentina, que é o país do estranxeiro onde viven máis galegos e galegas. A continuación atópase Brasil, con 49.970 galegos e galegas.

Segundo a idade, o 9,4% das persoas inscritas no PERE teñen menos de 16 anos, o 59,1% entre 16 e 64 anos e o 31,5% restante 65 ou máis anos.

Poboación residente en Galicia segundo o lugar de nacemento. Ano 2022
Porcentaxe


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2022

Poboación residente nos sete grandes concellos galegos. Ano 2022
Persoas


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2022

Vigo, con 292.374 habitantes, é o concello máis poboado de Galicia. A continuación atópanse A Coruña con 244.700 veciños e veciñas e Ourense con 103.756 persoas. Entre os sete grandes concellos suman 983.206 habitantes, o 36,5% do total da poboación residente en Galicia.


Índice de envellecemento. Ano 2021
Tanto por cento


Fonte: IGE. Indicadores demográficos

Evolución da porcentaxe de poboación de nacionalidade estranxeira
Tanto por cento


INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de cada ano

Poboación estranxeira en Galicia segundo as principais nacionalidades
Persoas


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes

Variación interanual da poboación de nacionalidade estranxeira en Galicia
Porcentaxe


Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de cada ano

Poboación de nacionalidade española residente no estranxeiro e inscrita nalgunha provincia de Galicia. Ano 2022
Persoas


Fonte: INE. Padrón de españoles residentes en el extranjero
Nota: a data de referencia dos datos é o día 1 de xaneiro de 2022

O Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) obtense dos datos existentes nos rexistros de matrícula de cada oficina ou sección consular. Están obrigados a inscribirse:

  • Os españois que residan habitualmente no estranxeiro e os que trasladen alí a súa residencia habitual.
  • Os seus fillos menores de idade suxeitos á patria potestade, se están na súa compaña.


Definicións e máis información

Definicións

Descarga de datos

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo