Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Representacións gráficas


Grafico de burbullas

Definición

Un gráfico de burbullas é unha variación dun gráfico de dispersión no que os puntos de datos substitúense por burbullas, e o tamaño das burbullas representa unha dimensión adicional dos datos. Ao igual que nun gráfico de dispersión, nun gráfico de burbullas non se emprega un eixe de categorías, tanto o eixe horizontal coma o vertical son eixes de valores. Ademais dos valores x e y que se debuxan nun gráfico de dispersión, nun gráfico de burbullas represéntanse os valores x, os valores y e os valores z (o tamaño)

A un gráfico de burbullas pódeselle incluír dúas dimensións adicionais se se crea coa ferramenta Motion Chart de Google, a cor das burbullas e o tempo.

Exemplos: