Un diagrama de dispersión é unha representación gráfica que recolle información sobre dúas variables e permite coñener a relación existente entre elas.
O diagrama de dispersión consiste en representar nos eixos coordenados os pares de puntos observados. Neste tipo de representacións hai que ter en conta os valores máximo e mínimo dos grupos de datos, para escoller a escala de representación adecuada aos mesmos e evitar así erros de interpretación.
(Se queres ver o vídeo a pantalla completa pincha nesta ligazón)
Abrir unha folla de cálculo de OpenOffice onde estean os datos que se queren representar no gráfico de dispersión.
Seleccionar o rango que se quere representar; neste exemplo, a taxa bruta de mortalidade e o índice de envellecemento dos concellos da provincia de Lugo.
A continuación, na barra de menús seleccionar "Inserir", submenú "Gráfico".
No asistente para gráficos, en tipo de gráfico, escoller "XY (Dispersión)" e no apartado "elementos da gráfica" escoller a configuración de títulos, lendas e grades.
Mediante a aplicación dispoñible na páxina web do IGE
A gráfica resultante pódese gardar como imaxe premendo sobre ela co botón dereito do rato e seleccionando a opción "Gardar imaxe como ..."
Máis exemplos
A partir dos datos dispoñibles na folla de cálculo OpenOffice Calc Exemplo_dispersion.ods elabora un diagrama de dispersión da idade media e a renda dispoñible bruta por habitante dos concellos da provincia de Pontevedra no ano 2009.