Unha pirámide de poboación é unha representación gráfica que recolle información sobre a poboación dun territorio por xénero e idade nun determinado período. Permite as comparacións interterritoriais e unha fácil e rápida percepción de varios fenómenos demográficos tales como o envellecemento da poboación, o equilibrio ou desequilibrio entre sexos, e incluso o efecto demográfico de catástrofes e guerras.
A pirámide de poboación representa nos eixes cartesianos a estrutura por xénero e idades da poboación e ten as seguintes peculiaridades:
Está composta por dous histogramas enfrontados, un que recolle información sobre a poboación por grupos de idade para os homes e outro para as mulleres.
A variable independente, a idade, represéntase no eixe vertical e a variable dependente, que é a cantidade ou proporción de persoas dentro de cada grupo de idade, no eixe horizontal.
Exemplo
Para elaborar unha pirámide o primeiro paso será calcular a porcentaxe de cada sexo e grupo de idade sobre o total.
Na seguinte táboa aparecen os datos da poboación de Galicia por sexo e grupos de idade no ano 2012, en valores absolutos e en porcentaxe:
Abrir a folla de cálculo de Excel onde teñamos os datos da poboación por sexo e grupos de idade, por exemplo o libro ExemploPiramide_datos.xls que contén a poboación de Galicia no ano 2012.
Cambiar o signo da poboación masculina e calcular o total e as porcentaxes de cada grupo de idade e sexo sobre o total
Formatar as barras: pulsar co botón dereito do rato nunha das barras do gráfico e elixir "Formato de serie de datos"-> Opciones Superposición=100 e Ancho de rango=0
Para que os datos do eixe de abscisas saian en números positivos pinchar co botón dereito do rato no eixe e a continuación elixir en "Formato de Ejes"-> Número: Categoría=Personalizada e Tipo=0%;0%