Mapa de coropletas É un mapa onde con distintas cores ou intensidades, texturas, etc., indícase a distribución espacial dun fenómeno (variable). A variable que se estuda sóese categorizar en intervalos, e o valor de cada intervalo aplícase a unha unidade territorial concreta, normalmente determinada por límites administrativos, como unha provincia, unha comarca ou un concello. Cando exista algún dato illado que sexa moi diferente ao resto, debe sinalarse no mapa, por exemplo mediante un asterisco e unha nota no pé do mapa co seu valor. A cada intervalo asignaráselle unha tonalidade de cor, máis suave para os valores máis baixos e máis intensa canto máis alto sexa o valor. Este tipo de mapas non é axeitado para representar datos moi dispares, e ten o inconveniente de enmascarar a diversidade dentro da unidade de superficie considerada. Agora ben, é especialmente útil para mostrar a evolución dun feito ou fenómeno. Neste caso, para que se poidan comparar mapas correspondentes a distintos períodos de tempo, deben presentar os mesmos intervalos. Para a elaboración dun mapa de coropletas hai que ter en conta os seguintes pasos:
Exemplo Na seguinte ligazón tes a densidade de poboación en Galicia por concellos para os últimos anos dispoñibles. Con estes datos imos realizar un mapa de coropletas: Na páxina web do IGE contamos cunha aplicación que nos permite debuxar mapas de forma moi sinxela a partir das táboas dispoñibles na propia páxina do IGE que contan cunha variable xeográfica con desagregación municipal ou comarcal. Proporciónanse dous tipos de mapas: mapas fixos e mapas dinámicos. Os primeiros son soportados por calquera tipo de navegador. Mapas fixos Se na táboa de densidade de poboación prememos no botón "Ver mapa fixo" situado riba da táboa, sáenos unha ventá na que nos pide o número de columna da táboa que queremos representar no mapa. A columna 1 sería o primeiro ano dispoñible (1998) pero se poñemos un 13 representaríanos a densidade de poboación do ano 2010. Os intervalos que aparecen na lenda do mapa teñen un número de rexistros iguais; son cerrados pola esquerda e abertos pola dereita [a,b) e entre parénteses preséntase a % de rexistros que están incluídos nese intervalo. Ao desprazar o rato polo mapa indica para concello ou comarca o nome e o código deste ámbito territorial, ao igual que o valor da variable que estamos a representar para ese territorio (neste caso a densidade de poboación en 2010). Mapas dinámicos Diferéncianse dos mapas fixos nos seguintes aspectos:
Os intervalos son cerrados pola esquerda e abertos pola dereita [a,b) e entre parénteses preséntase a % de rexistros que están incluídos nese intervalo. Os mapas dinámicos están implementados no estándar SVG. Estes gráficos xa están soportados de forma nativa polos navegadores web recentes. Se na táboa anterior prememos en "Ver mapa dinámico" sáenos una ventá (similar a do mapa fixo) onde debemos indicar a columna que queremos representar. Unha vez que escollemos a columna (neste caso poñemos un 13 para que nos represente a densidade do ano 2010) obtemos un mapa que podemos gardar como unha imaxe sen máis que premer no botón "Descargar mapa como gráfico". Máis exemplos Elabora para o último ano dispoñible os seguintes mapas municipais: |