Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Representacións gráficas


Polígono de frecuencias

Emprégase para comparar datos cualitativos ou cuantitativos discretos. No eixo horizontal represéntanse os datos e no vertical as frecuencias (absolutas ou relativas). En cada dato situamos un punto á altura da frecuencia correspondente. Ao unir estes puntos fórmase o polígono de frecuencias. Son especialmente adecuados en estudos nos que os datos son de tipo temporal: anos, días da semana, idades, ...

Tamén se poden construír unindo os puntos medios dos lados superiores de cada barra no diagrama de barras.

Exemplo

No seguinte polígono de frecuencias preséntase as vivendas segundo o número de ocupados para o ano 2010 (miles de vivendas):

Carácter estatístico: número de ocupados

Variable estatística discreta

Datos Frecuencia absoluta Frecuencia relativa Porcentaxe
xi Ni fi %
0 339,7 0,333 33,3%
1 340,0 0,333 33,3%
2 274,7 0,269 26,9%
3 53,0 0,052 5,2%
4 10,4 0,010 1,0%
5 ou máis 2,0 0,002 0,2%
N=1.019,8 100%

Vivendas familiares segundo o número de ocupados
Galicia. Ano 2010

¿Como elaborar un polígono de frecuencias?

  • Coa folla de cálculo Excel

    + Mostrar paso a paso

  • Coa folla de cálculo de OpenOffice ou de LibreOffice (vídeo demostración)

    + Mostrar paso a paso

  • Mediante a aplicación dispoñible na páxina web do IGE

    + Mostrar paso a paso

Máis exemplos

  • Cos datos de fogares segundo o número de persoas que podes descargarte en ExemploGraficos1.xls constrúe un polígono de frecuencias cos fogares galegos segundo o número de membros.
  • E se agora probas a construír unha táboa na web, descargala, abrila con OpenOffice Calc, e construír un polígono de frecuencias? Abaixo atoparás un vídeo demostrativo. Proba a facelo ti mesmo a partir desta táboa da páxina web, onde se clasifica aos fogares galegos segundo uns determinados intervalos de ingresos mensuais. Constrúe o polígono de frecuencias desta táboa para Galicia e o último ano dispoñible.

    + Amosar o vídeo demostrativo