Matemáticas. Estatística descritiva |
España | Galicia | Total | |
Todos | 3.983 | 248.245 | 252.228 |
sen asalariados | 320 | 169.130 | 169.450 |
de 1 a 2 asalariados | 1.194 | 45.169 | 46.363 |
de 3 a 5 asalariados | 730 | 17.708 | 18.438 |
de 6 a 9 asalariados | 470 | 7.240 | 7.710 |
de 10 a 19 asalariados | 444 | 4.898 | 5.342 |
de 20 a 49 asalariados | 410 | 2.710 | 3.120 |
de 50 a 99 asalariados | 176 | 833 | 1.009 |
de 100 a 249 asalariados | 139 | 395 | 534 |
de 250 499 asalariados | 57 | 96 | 153 |
500 ou máis asalariados | 43 | 66 | 109 |
Fonte: IGE. Explotación do directorio de empresas e unidades locais
A partir da táboa anterior, podemos obter a distribución porcentual das empresas segundo o seu tamaño calculando a porcentaxe que representa cada categoría sobre o total.
Total | % | |
Todos | 252.228 | 100 |
sen asalariados | 169.450 | 67,18 |
de 1 a 2 asalariados | 46.363 | 18,38 |
de 3 a 5 asalariados | 18.438 | 7,31 |
de 6 a 9 asalariados | 7.710 | 3,06 |
de 10 a 19 asalariados | 5.342 | 2,12 |
de 20 a 49 asalariados | 3.120 | 1,24 |
de 50 a 99 asalariados | 1.009 | 0,40 |
de 100 a 249 asalariados | 534 | 0,21 |
de 250 a 499 asalariados | 153 | 0,06 |
500 ou máis asalariados | 109 | 0,04 |
As empresas sen asalariados son, polo tanto, o tipo de empresas máis frecuente en Galicia e representan un 67,2% do total de empresas.
Polo que respecta ás empresas de 100 ou máis asalariados, este tipo representa só o 0,3% sobre o total de empresas con actividade en Galicia. A pesar da pequena porcentaxe que representan, cómpre sinalar a importancia que ten este tipo de empresas polo papel que desempeñan na xeración de emprego.
Podemos facer un gráfico de sectores para obter unha representación gráfica da distribución das empresas segundo o seu tamaño. Este tipo de presentación ten a desvantaxe dada pola posible non apreciación visual da existencia de diferenzas entre dúas modalidades de frecuencia similar e a limitación do número máximo de categorías que se representen.
Consideramos, polo tanto, a seguinte agrupación de tamaños das empresas:
Fonte: IGE. Explotación do directorio de empresas e unidades locais
¡No ano 2019, o 95,9% das empresas galegas teñen menos de 10 asalariados e tan só o 4,1% ten 10 ou máis asalariados!
+ Como elaborar un gráfico de sectores coa folla de cálculo OpenOffice Calc (Video demostración)
Imos tratar de aproximar o tamaño medio daquelas empresas galegas que teñen algún asalariado. No ano 2019, o número de empresas en Galicia con algún asalariado é 82.778. Estas empresas obtéñense a partir dos datos do apartado anterior eliminado o estrato sen asalariados.
Na seguinte táboa aparece a información da que dispoñemos inicialmente: o número de empresas en cada estrato de asalariados (frecuencias absolutas).
Total | |
de 1 a 2 asalariados | 46.363 |
de 3 a 5 asalariados | 18.438 |
de 6 a 9 asalariados | 7.710 |
de 10 a 19 asalariados | 5.342 |
de 20 a 49 asalariados | 3.120 |
de 50 a 99 asalariados | 1.009 |
de 100 a 249 asalariados | 534 |
de 250 a 499 asalariados | 153 |
500 ou máis asalariados | 109 |
Coa información da táboa anterior construímos o seguinte gráfico de barras:
¿Cal é o tamaño máis frecuente das empresas con asalariados en Galicia?
¡EMPRESAS DE 1 A 2 ASALARIADOS!
Polo tanto, a moda da distribución sitúase nese estrato de asalariados.
+ Como elaborar un gráfico de barras coa folla de cálculo OpenOffice Calc (Video demostración)
Antes de calcular a mediana e a media imos completar a táboa de frecuencias da variable. A partir das frecuencias absolutas obteremos, polo tanto, as frecuencias relativas, absolutas acumuladas e relativas acumuladas.
¡RECORDA!:
Frecuencia absoluta | Frecuencia relativa | Frecuencia absoluta acumulada | Frecuencia relativa acumulada | |
de 1 a 2 asalariados | 46.363 | 0,5601 | 46.363 | 0,5601 |
de 3 a 5 asalariados | 18.438 | 0,2227 | 64.801 | 0,7828 |
de 6 a 9 asalariados | 7.710 | 0,0931 | 72.511 | 0,8760 |
de 10 a 19 asalariados | 5.342 | 0,0645 | 77.853 | 0,9405 |
de 20 a 49 asalariados | 3.120 | 0,0377 | 80.973 | 0,9782 |
de 50 a 99 asalariados | 1.009 | 0,0122 | 81.982 | 0,9904 |
de 100 a 249 asalariados | 534 | 0,0065 | 82.516 | 0,9968 |
de 250 a 499 asalariados | 153 | 0,0018 | 82.669 | 0,9987 |
500 ou máis asalariados | 109 | 0,0013 | 82.778 | 1 |
¿Cal é o dato que ocupa o lugar central?
A mediana é "o dato" que, despois de ordenalos todos, deixa o mesmo número de datos por encima que por debaixo.
Neste caso, a metade das observacións é 41.389. Polo que, neste caso, a mediana sería 41.389.
Se observamos a táboa de frecuencias podemos comprobar que tanto a frecuencia absoluta como a frecuencia absoluta acumulada das empresas de 1 a 2 asalariados é 46.363, valor que supera a metade dos datos.
Os dous valores centrales da variable atópanse polo tanto no primeiro estrato, pero non sabemos cales son. Podería suceder que fosen:
Observa que no primeiro e no terceiro caso a mediana é un dos posibles valores da variable pero no segundo non.
Aínda que non poidamos calcular exactamente a mediana, podemos dicir que neste caso o tamaño mediano é de 1 a 2 asalariados.
¿Cal é o número medio de asalariados que teñen as empresas galegas con asalariados?
Aínda que o tamaño das empresas (número de asalariados) é unha variable discreta, os datos aparecen agrupados: de 1 a 2 asalariados, de 3 a 5 asalariados, ... Como non dispoñemos dos datos individuais, consideraremos como valor aproximado de cada estrato a media entre o número mínimo e máximo de asalariados do estrato.
¿Como calculamos este valor no caso do último intervalo: 500 ou máis asalariados?. ¡Teremos que facer unha suposición!.
¿Sabes cal é a empresa de Galicia con maior número de asalariados?
Trátase, sen dúbida, de PSA PEUGEOT CITRÖEN, que ten, segundo a súa páxina web 6.500 empregados. Podemos empregar este dato como valor superior do último estrato.
Calculamos entón o tamaño medio a partir da seguinte táboa:
Tamaño | Frecuencia absoluta | Tamaño*Frecuencia absoluta |
(1+2)/2=1,5 | 46.363 | 69.545 |
(3+5)/2=4 | 18.438 | 73.752 |
(6+9)/2=7,5 | 7.710 | 57.825 |
(10+19)/2=14,5 | 5.342 | 77.459 |
(20+49)/2=34,5 | 3.120 | 107.640 |
(50+99)/2=74,5 | 1.009 | 75.171 |
(100+249)/2=174,5 | 534 | 93.183 |
(250+499)/2=374,5 | 153 | 57.299 |
(500+6.500)/2=3.500 | 109 | 381.500 |
Número medio de asalariados = (69.545 + 73.752 + 57.825 + 77.459 + 107.640 + 75.171 + 93.183 + 57.299+381.500) / 82.778 = 12,00
¿Que diferenzas observas entre as tres medidas de tendencia central (moda, mediana e media) calculadas?
Os dous trazos anteriores indican unha asimetría positiva da distribución (as frecuencias máis altas atópanse no lado esquerdo da media, mentres que no dereito hai frecuencias máis pequenas (cola)), feito que se pode confirmar coa gráfica de barras que se fixo ao comezo deste apartado.
¿Podemos empregar neste caso a media aritmética como valor representativo do número de asalariados das empresas galegas?
Aínda que habitualmente se considera a media aritmética como o dato máis representativo dunha poboación, o certo é que non sempre o é. Os datos especialmente atípicos inflúen no seu cálculo.
O estrato de 500 a 6.500 asalariados é relativamente amplo e o dato de PSA PEUGEOT CITRÖEN, no extremo superior, atópase bastante alonxado do comportamento das restantes grandes empresas de Galicia, que non adoitan superar os 3.000 asalariados.
Para ver como un dato deste tipo pode influír no valor da media aritmética, trataremos de aproximar o número medio das empresas de 100 ou máis asalariados.
Os datos que temos inicialmente para os dous estratos de empresas de 100 ou máis asalariados, coa suposición feita sobre o máximo do estrato 500 ou máis asalariados, son os seguintes:
Tamaño aproximado | Frecuencia absoluta | |
de 100 a 249 asalariados | 174,5 | 534 |
de 250 a 499 asalariados | 374,5 | 153 |
de 500 a 6.500 asalariados | 3.500 | 109 |
Con estes datos, o número medio de asalariados nas empresas de 100 ou máis asalariados é:
(174,5*534 + 374,5*153+3.500*109) / 796 = 668
¿Que sucede se eliminamos do último estrato o dato de PSA PEUGEOT CITRÖEN e consideramos como extremo superior do estrato o dato de 3.000 asalariados?
Tamaño aproximado | Frecuencia absoluta | |
de 100 a 249 asalariados | 174,5 | 534 |
de 250 a 499 asalariados | 374,5 | 153 |
de 500 a 3.000 asalariados | 1.750 | 109 |
¡O número medio das empresas de 100 ou máis asalariados sería ahora 429!