Portal educativo IGE

ver o mapa do portal

Economía. Macromagnitudes
Exercicios


  1. Cos datos da táboa que se presenta a continuación responde ás seguintes cuestións:

    PIB per cápita en Paridades de Poder Adquisitivo (PPA) (UE-28=100)

    Fonte: Elaboración propia a partir de: INE. Contabilidad Regional de España Base 2010 - Eurostat


    • Representa graficamente os datos por comunidades para o último ano dispoñible.
    • ¿Que significa que o dato galego esté arredor do 82% (ano 2018)? ¿Hai algunha comunidade en situación similar?
    • ¿Cales son as comunidades cos datos máis favorables?
    • ¿Cales foron as comunidades cunha evolución máis positiva no período considerado?
    • ¿Estar na cola pode traer algunha vantaxe para a economía galega? Investiga usando a Internet.

  2. Supoñamos as seguintes actividades económicas: "Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con elas", "Silvicultura e explotación forestal", "Fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques" e "Fabricación doutro material de transporte". Responde ás seguintes cuestións:
    Actividades
    • Calcula o valor engadido de cada unha das actividades nos últimos anos a partir dos datos que encontrarás na ligazón anterior.
    • Calcula o peso do valor engadido de cada unha das actividades no valor engadido total para os tres últimos anos.
    • ¿Cal é a actividade que ten máis peso no último ano considerado?
    • No seguinte enlace tes a distribución sectorial do VEB por ramas de actividade, desagregada por actividades no caso da industria manufactureira. ¿Hai algunha actividade na rama da industria manufactureira que teña máis peso no VEB da mesma que a "Fabricación de material de transporte"?
    • Busca as 5 ramas de actividade que teñen máis peso no VEB. ¿En qué provincia galega situarías estas actividades?

  3. Calcula o PIB pm polas tres vías cos datos que atoparás na seguinte ligazón: Datos

  4. Calcula o PIB pm e o saldo exterior cos datos que atoparás na seguinte ligazón: Datos

  5. Calcula o PIB pm e o consumo total cos datos que atoparás na seguinte ligazón: Datos

  6. Cos datos do PIB (índices de volume) nos últimos trimestres que atoparás na seguinte ligazón calcula: Datos
    • O crecemento da economía galega no último trimestre e no último ano.
    • ¿Que rama é a que presenta un mellor comportamento?
    • Calcula o crecemento do consumo público e do privado e a Formación Bruta de Capital (FBC) no último ano e no último trimestre.
    • Compara os datos co crecemento de España. Encontrarás os datos na seguinte ligazón: España