document.write("
Índice de prezos de consumo (IPC)

É unha medida estatística da evolución do conxunto de prezos dos bens e servizos que consume a poboación residente en vivendas familiares. Ven sendo elaborado polo INE dende 1936 con periodicidade mensual. Para o seu cálculo, selecciónase unha cesta representativa dos bens e servizos máis consumidos en España e multiplícanse os seus prezos por unhas ponderacións que miden o peso de cada grupo de produtos no consumo total dos fogares españois.
En 2001 introduciuse un cambio de base no IPC, o que supuxo importantes novidades metodolóxicas entre as que cabe destacar:

En xaneiro de 2007 empezouse a publicar o IPC coa nova base 2006, co que se pretende conseguir unha maior representatividade na súa cobertura e unha maior precisión na medición da evolución dos prezos. Para acadar estes fins realizáronse os seguintes cambios:De novo no 2011 produciuse un terceiro cambio de base, co obxectivo de introducir un novo tratamento para os artigos estacionais, tales como as froitas frescas, as verduras e as hortalizas. Este cambio permitirá realizar unha medición máis precisa da evolución dos prezos no curto prazo para este tipo de produtos. Tamén se realizaron cambios na composición da cesta da compra e se procedeu á actualización da estrutura das ponderacións. Neste senso, introducíronse na cesta bens e servizos relativos aos soportes para o rexistro da imaxe e o son e o tratamento da información (discos duros portátiles, notebooks, etc.), así como servizos de estética e paramedicina (fotodepilación, logopeda, etc.).

En 2016 produciuse un cuarto cambio de base; coa implantación da nova base, mellórase a representatividade deste indicador mediante cambios na composición da cesta da compra e a actualización da estrutura de ponderacións. Ademais, o IPC base 2016 incorpora a nova clasificación europea de consumo, denominada ECOICOP (European Classification of Individual Consumption by Purpose). Esta clasificación ofrece unha maior desagregación das parcelas de gasto en que se estrutura a información que se difunde habitualmente.

De novo, en 2021, produciuse un quinto cambio de base. Este é un procedemento que se realiza cada cinco anos, co obxectivo de renovar o IPC mediante a súa adaptación aos cambios nas pautas de consumo dos fogares e a incorporación de melloras metodolóxicas. Polo tanto, dúas das operacións máis relevantes que se realizan en cada cambio de base son a revisión da cesta da compra e a actualización da estrutura de ponderacións.

");