ProduciónEn Confianza empresarial defínese como o conxunto de todos os bens e servizos creados por unha unidade económica durante un período de tempo utilizando para isto man de obra, capital e materias primas.
Nas Contas económicas anuais, Contas económicas trimestrais, no Marco input-output e no Seguimento e análise da construción defínese como unha actividade realizada baixo o control e a responsabilidade dunha unidade institucional que utiliza man de obra, capital e bens e servizos para producir outros bens e servizos (SEC-2010, 3.07 e seguintes). A produción inclúe, independentemente de que sexan actividades ilegais ou ocultas, os seguintes casos:
- A produción de todos os bens e servizos individuais ou colectivos subministrados a unidades distintas dos seus produtores
- A produción por conta propia daqueles bens que son consumidos polos propios produtores dos bens ou que incrementan os seus activos (por exemplo, a construción de vivendas por conta propia)
- A produción por conta propia de servizos de aluguer das vivendas ocupadas polos seus propietarios
- Os servizos domésticos e persoais producidos polo persoal doméstico remunerado
- As actividades de voluntariado (non remuneradas) que producen bens.
Na
Conta Satélite da Produción Doméstica (CSPD) amplíase a fronteira de produción definida polo SEC para os fogares e utilizada nas Contas Económicas Anuais e Trimestrais, así como no Marco Input-Output de Galicia. Desta maneira, as actividades produtivas dos fogares abarcarán os tipos xa incluídos dentro do concepto SEC, isto é:
- a produción de mercado realizada por empresas non constituídas en sociedade
- a produción voluntaria de bens realizada polos fogares e a produción de bens para uso final propio (produción agrícola para autoconsumo, a construción da vivenda propia, os servizos de alugamento de vivendas ocupadas polos seus propietarios, etc.)
máis un terceiro tipo de actividades, non consideradas de tipo produtivo segundo a definición do SEC, que inclúe os servizos domésticos e persoais que se producen e consumen no seo dun fogar (a produción doméstiva). Estes servizos abarcan:
- a limpeza, decoración e mantemento da vivenda
- a limpeza, mantemento e reparación dos bens duradeiros do fogar
- a preparación e o servizo de comidas
- o coidado, a formación e a educación dos nenos
- o coidado de enfermos, impedidos ou anciáns
- o transporte de membros do fogar ou dos seus bens
");