Prestacións por desempregoSon prestacións que protexen a situación por desemprego, poden ser de varios tipos:
- Nivel contributivo. Prestación por desemprego: refírese a aquela situación de desemprego das persoas que, querendo e podendo traballar, perdan o seu traballo de forma temporal ou definitiva ou vexan reducida, temporalmente polo menos, nunha terceira parte a súa xornada laboral, por expediente de regulación de emprego, coa correspondente perda ou redución análoga de salarios, por algunhas das causas establecidas como situacións legais de desemprego.
- Nivel asistencial. Subsidio por desemprego: poderán ser beneficiarios do subsidio por desemprego os parados que, figurando inscritos como demandantes de emprego, sen teren rexeitado oferta de emprego adecuada nin terse negado a participar, salvo causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesionais, e carecendo de rendas de calquera natureza superiores, en cómputo mensual, ao 75% do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional das dúas pagas extraordinarias, se encontren nalgunha das situación contempladas para o dito subsidio.
- Renda activa de inserción: o obxectivo do programa é incrementar as oportunidades de retorno ao mercado de traballo dos traballadores desempregados con especiais necesidades económicas e dificultades para atopar emprego.
");