document.write("
Xulgados de paz

En cada concello onde non exista xulgado de primeira instancia e instrución e con xurisdición no termo correspondente, haberá un xulgado de paz. Os xulgados de paz coñecerán, na orde civil, da tramitación en primeira instancia, fallo e execución dos procesos que a lei determine. Cumprirán tamén funcións de rexistro civil e as demais que a lei lles atribúa. Na orde penal, coñecerán en primeira instancia dos procesos por faltas que lles atribúa a lei. Poderán intervir, igualmente, en actuacións penais de prevención ou por delegación e naquelas outras que sinalen as leis. Na estatística de xulgados de paz faise un seguimento da actividade xudicial nos ditos xulgados nos ámbitos civil e penal, excluíndo a actividade ligada ás funcións de Rexistro Civil

");