document.write("
Gasto en consumo final dos fogares

Corresponde ao gasto efectuado polos fogares co fin de consumir bens e servizos. Os gastos de consumo que se rexistran na “Enquisa de presupostos familiares” refírense ao fluxo non só monetario que destina o fogar e cada un dos seus membros ao pagamento de determinados bens e servizos, senón tamén ao valor dos bens percibidos en concepto de autoconsumo, autosubministración, salario en especie, comidas de balde ou bonificadas e alugamento imputado á vivenda na que reside o fogar (cando é o propietario desta ou a ten cedida de balde ou semigratuitamente por outros fogares ou institucións).

");