document.write("
Salario

Para a determinación dos salarios dos empregados por conta allea, na Mostra continua de vidas laborais utilízanse as percepcións declaradas na clave A do modelo 190 "Resumo anual de retencións e ingresos a conta do IRPF sobre rendementos do traballo, de determinadas actividades económicas, premios e determinadas imputacións de renda" da Axencia Tributaria. Esta clave inclúe todas as percepcións, monetarias ou en especie, satisfeitas pola persoa ou entidade declarante en concepto de rendementos do traballo. Estas retribucións incluirán, así mesmo, as dietas satisfeitas por desprazamentos e os gastos de viaxe por motivos de traballo exceptuados de gravame. É preciso aclarar, ademais, que se refire a percepcións salariais brutas, isto é, antes do pago de impostos e que estas inclúen, así mesmo, os importes correspondentes ás percepcións en especie.

Na \"Enquisa de poboación activa. Decil de salarios do emprego principal\" o concepto de salario utilizado é (segundo Regulamento CE núm. 377/2008) da Comisión o de \"salario mensual asociado ao emprego principal\", sendo este último o que desenvolve a persoa na semana de referencia na que é entrevistada. En caso de ter varios traballos, o principal é o que proporciona os ingresos máis significativos. En particular, se é un traballo eventual de duración inferior a un mes, o salario será unha estimación do que se obtería para unha duración de todo o mes por un traballo similar. En cambio, se é un traballo a tempo parcial, non se transforma no equivalente a tempo completo.

As pagas extras e outros complementos anuais considéranse na definición, dividindo a súa cantidade por 12. Tamén se inclúen os pagos por horas extras regulares, propinas e comisións, referidos neste caso ao mes natural anterior á semana de referencia.

");