IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Portal educativo IGE

NOTICIA PUBLICADA
O número de afiliados á Seguridade Social na comunidade incrementouse en 28.378 persoas, ata chegar aos 1.071.476


   Data: 4/2/2008

O número de afiliados á Seguridade Social en xaneiro situouse en Galicia en 1.071.476 persoas, segundo a Tesorería da Seguridade Social. No último ano, o número de afiliados en Galicia medrou en 28.378 persoas, cun incremento do, 2,70%, mentres que a media española de crecemento foi do 2,04, ata chegar aos 19.160.798 traballadores.
Todas as provincias galegas baixaron o número de afiliados con respecto a Decembro, salvo Pontevedra, que os incrementou en 566, mentres que as catro aumentaron sobre a situación dun ano antes.


Podes consultar a información da noticia neste ligazón e aquí
Estas son as posibles respostas:

        Non é certo que se incrementara o número de afiliados medios en Galicia no último ano un 2,70%
        Non é certo que en Galicia o número de afiliados medios á Seguridade social en xaneiro de 2008 se situara en 1.071.476 persoas.
        Non é certo que todas as provincias galegas baixaran o número de afiliados a último día do mes respecto a Decembro de 2007, excepto Pontevedra
        Non é certo que que no último ano o número de afiliados medios en Galicia medrara en 28.378 persoas