IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Portal educativo IGE

NOTICIA PUBLICADA
En Galicia celébranse quince enterros por cada bautizo.


   A despoboación que afecta á España rural ten en Galicia o seu mellor espello. Por cada bautizo que se celebra en algunha das miles de aldeas que compoñen a paisaxe desta comunidade hai 15 funerais. Así ocorre en Pedroso, no concello de Riós, na provincia de Ourense, onde máis da metade dos seus veciños superan os 55 anos. Ou casos máis extremos como o de Rioseco, no concello de Muras, Lugo, onde os últimos moradores decidiron emigrar e por á venda toda a aldea. Para parar esta sangría poboacional, o Goberno rexional aprobou esta semana un plan de choque de largo recorrido.

Esta información é do ano 2008.
Podes consultar os datos nos seguintes enlaces: Poboación por grupos de idade      Nacementos e defuncións      Porcentaxe de poboación menor de 20 anos
Estas son as posibles respostas:

        Non é certo que en Riós máis da metade dos seus veciños superan os 55 anos
        O concello de Muras conta cunha poboación nova (<20 anos) que supera o 30%
        Non é certo que por cada bautizo (nacemento) haxa 15 funerais (mortes)
        A maior parte dos concellos galegos teñen unha porcentaxe de poboación nova superior ao 30%