IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Portal educativo IGE

NOTICIA PUBLICADA
En 2022 haberá menos poboación activa que dependentes en Vigo


   Data: 04/11/2013

Unha proxección do IGE sinala os problemas que terá Vigo en relación ao índice de dependencia, significativo por canto suma os dous grupos potencialmente dependentes, é dicir, os menores de 15 anos e os maiores de 64. Vigo aínda se sitúa en cifras positivas: en 2012 alcanzou o 45 por cento, o que quere dicir que aínda hai un 55 por cento da súa poboación potencialmente activa, entre os 16 e os 64 anos, a que en teoría sostería o edificio social local.
De cara ao futuro próximo, nun prazo estudado de dez anos, de novo malas perspectivas. En 2022, segundo as proxeccións do IGE, Vigo estaría xa no 54,7 por cento, con máis persoas dependentes que activas, o que suporá un grave problema debido a que serán menos os vigueses que terán que soster a economía que os supostos beneficiarios das condicións e beneficios sociais (xa sexa pola súa xuventude ou por xubilación).

Na seguinte ligazón podes consultar os datos necesarios para responder á actividade: Índice de dependencia global

O índice de dependencia global é a relación entre os grupos de poboación potencialmente dependentes (menores de 15 anos e maiores de 64) e o grupo de poboación en idade de traballar (poboación de 15 a 64 anos), expresada en porcentaxe. Calcúlase aplicando a seguinte fórmula:
Índice de dependencia global=((Poboación menor de 15 anos+Poboación maior de 64 anos)/Poboación de 15 a 64 anos)*100
Entón, cal das seguintes é a resposta correcta?
        En 2012 o 45,4% da poboación viguesa era dependente; o 54,6% restante estaba en idade de traballar .
        En 2012 había en Vigo máis poboación dependente que poboación en idade de traballar.
        En 2022 haberá en Vigo 55 persoas dependentes por cada persoa en idade de traballar.
        En 2022 haberá en Vigo máis poboación en idade de traballar que poboación dependente.