IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Portal educativo IGE

NOTICIA PUBLICADA
Os xubilados triplican xa aos menores de 20 anos na metade dos concellos


   Data: 15/05/2013

Aumenta a esperanza de vida –agora sitúase nos 82 anos- e hai cada vez menos nacementos. A Galicia sáenlle cada vez máis engurras. No 64 por cento dos concellos da Comunidade Autónoma o número de xubilados é máis do dobre en relación á poboación xuvenil e, entre eses concellos, hai en concreto 150 onde a cifra de pensionistas é máis do triplo que a de menores de vinte anos.
Un caso extremo é o do concello de Lobeira, en Ourense, onde por cada mozo hai 177 galegos de máis de 65 anos. Este é o concello con maior proporción de pensionistas de Galicia. Ségueo outro municipio ourensán, A Teixeira, onde residen 97 xubilados por cada mozo de menos de 20 anos, e a continuación San Xoán de Río, na mesma provincia, con 95 maiores por cada mozo.

Na seguinte ligazón podes consultar os datos necesarios para responder á actividade: Indicadores de poboación

Sabendo que o índice de envellecemento é a relación entre a poboación maior de 64 e a poboación menor de 20 anos, expresada en % (é dicir, o número de persoas de 65 e máis anos que hai por cada 100 menores de 20), cal das seguintes é a resposta correcta?
        No concello de Lobeira hai 1,7 persoas de 65 ou máis anos por cada menor de 20 anos.
        No concello de Lobeira hai 17,7 persoas de 65 ou máis anos por cada menor de 20 anos.
        No concello de Lobeira hai 177 persoas de máis de 65 anos por cada 100 menores de 20 anos.
        No concello de Lobeira hai 1773,1 persoas de máis de 65 anos por cada 100 menores de 20 anos.