IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Portal educativo IGE

NOTICIA PUBLICADA
O paro dispara as emigracións e xa viven fora de España 3.351 vilagarciáns


   Data: 15/04/2013

Os elevados niveis de desemprego no Salnés continúan carrexando consecuencias nefastas para moitos arousáns que se ven obrigados a facer as maletas e abandonar o seu fogar para buscar fóra das nosas fronteiras un emprego co que poder subsistir e sacar a diante as súas familias. No caso concreto de Vilagarcía, os últimos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE) relevan que actualmente (a 1 de xaneiro de 2013) un total de 3.351 vilagarciáns viven fora de España. (...)
O Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE) computa no actual exercicio a 1.617 homes e 1.473 mulleres naturais de Vilagarcía que residen noutros países.

Acceso aos datos: Poboación de nacionalidade española residente no estranxeiro segundo o municipio de inscrición

Escolle a resposta correcta
        3.351 é o número de persoas de nacionalidade española que viven no estranxeiro e que están inscritas en Vilagarcía. Estas persoas poden non ser naturais de Vilagarcía
        Todas as persoas inscritas no PERE tiveron que nacer en España
        Todas as persoas inscritas no PERE tiveron que vivir en España nalgún momento
        No PERE só están inscritas as persoas que emigraron ao estranxeiro nos últimos anos