IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Portal educativo IGE

NOTICIA PUBLICADA
O investidor opina que a bolsa xa tocou chan


   Data: 14/04/2013

A percepción dos aforradores españois sobre o futuro económico e sobre a evolución dos mercados financeiros mellorou no arranque de 2013. Así o suxiren os diferentes parámetros recollidos na Enquisa de confianza do investidor en España.
A mellora na visión que teñen os aforradores sobre o potencial da bolsa provoca que o índice de confianza do investidor, aínda que segue a ser negativo, experimente un rebote considerable con respecto á ondada anterior e se sitúe en -2,54%, o seu nivel más alto en ano e medio.


        Non hai ningún erro na noticia nin na gráfica
        É imposible que a percepción dos aforradores españois mellorase a comezos de 2013
        A variación relativa dun índice de confianza non pode ser negativa
        Na gráfica, a lonxitude das barras non se corresponde coas porcentaxes