IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Portal educativo IGE

NOTICIA PUBLICADA
Medra a sangría dos galegos que emigran ao exterior


   Data: 21/03/2013
A crise, coas repercusións negativos que tivo na destrución de emprego, reflíctese nas cifras dos fluxos migratorios. Galicia, ao primeiro de xaneiro deste ano, rexistrou un total de 463.812 galegos residentes no estranxeiro, fronte aos 445.812 do pasado 2012. O incremento de expatriados foi do 4%, que en números reais son 18.000 persoas máis que abandonaron a comunidade para afincarse no exterior. Estes datos son as últimas cifras do Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE).

Esta noticia non contén erros de cálculo pero si erros no xeito de interpretar os datos. En primeiro lugar, cando fala de galegos residentes no estranxeiro en realidade son persoas de nacionalidade española que residen no estranxeiro e que están inscritas nalgunha provincia galega.

Trata de decidir se as seguintes afirmacións son verdadeiras ou falsas:

Só as persoas nacidas en España teñen nacionalidade española
        Verdadeiro
        Falso

   Coa Lei da memoria histórica os fillos e netos de emigrantes galegos poden optar á nacionalidade española.
        Verdadeiro
        Falso

   Todos os 445.812 galegos residentes no estranxeiro naceron en Galicia
        Verdadeiro
        Falso

   Entre os 445.812 galegos residentes no estranxeiro que menciona a noticia pode haber persoas que nunca estiveron en Galicia
        Verdadeiro
        Falso

   O número de persoas de nacionalidade española residentes no estranxeiro e inscritas nalgunha provincia galega aumentou en 18.000 durante o ano 2012
        Verdadeiro
        Falso

   A partir das cifras das persoas de nacionalidade española residentes no estranxeiro podemos saber o número de emigrantes
        Verdadeiro
        Falso