IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Portal educativo IGE

Coeficiente de correlación e recta de regresión


  

Este test incorpora as achegas realizadas por Dolores Pilar García Agra no curso "Recursos do portal educativo do Instituto Galego de Estatística para matemáticas", impartido polo IGE en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ano 2013

A. O coeficiente de correlación lineal de Pearson :
        Pode tomar calquera valor positivo
        Non pode tomar o valor 0
        Toma valores no intervalo [-1,1]

   B. Como cres que é o coeficiente de correlación entre as horas que estuda un alumno para os exames e as notas que obtén?
        0
        Positivo e próximo a 1
        Negativo e próximo a -1
        Ningunha das respostas anteriores é correcta

   C. A recta que mellor aproxima uns datos dados é:
        Recta de correlación
        Recta de dispersión
        Recta de regresión
        Recta de Pearson

   D. As rectas de regresión córtanse nun punto chamado:
        Centro de correlación
        Centro de gravidade ou de masas
        Nunca se cortan nun punto
        Centro de dispersión

   E. Coa recta de regresión podemos calcular uns datos esperados partido dun valor da variable independente?
        Sí, e obtemos o valor da variable dependente
        Non, necesitamos máis datos
        Unha recta non pode dar esa información
        Si, e obtemos o valor da variable independente

   F. A recta de regresión do índice de envellecemento sobre a taxa de mortalidade dos concellos de Ourense para o ano 2010 ten a seguinte expresión:
y=a+bx=11,09+0,0138x

e o coeficiente de correlación é:
r=0,55

    a) Que poderiamos dicir acerca da dependencia lineal do índice de envellecemento e a taxa de mortalidade neste caso?
        Non existe relación lineal entre as dúas variables, pero podería haber outro tipo de dependencia non lineal
        Existe unha relación lineal positiva relativamente forte
        Hai dependencia funcional entre as dúas variables

   b) Cal sería o valor estimado da taxa de mortalidade do concello de Celanova se o seu índice de envellecemento é 258? (Dá a resposta cun decimal e utiliza a coma para marcalo)
        

   c) Cal sería o erro de predición se a taxa de mortalidade de Celanova é de 13,7?
        

   G. Se temos a distribución conxunta da temperatura media e a humidade estándar no ano 2011:

    a)Que táboas podemos facer para representala?
        Unha táboa de dobre entrada
        Unha táboa de dobre entrada ou unha táboa simple
        Só se poden facer táboas simples para este tipo de variables
        Non se poden facer táboas con estas variables

   b) Selecciona a resposta correcta:
        Non se poden calcular as distribucións marxinais das variables humidade estándar e temperatura media por separado
        A distribución marxinal da humidade estándar é tamén una distribución bidimensional
        A distribución marxinal da temperatura media é unha distribución unidimensional
        Ningunha das respostas é correcta