IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Canto sabes de probabilidade?
Considera os sucesos salir tres e salir seis no lanzamento dun dado cúbico. Para este experimento:
Que saia un 6 ten máis probabilidade que que saia un 3
A probabilidade de saír 3 é 1/3 e a de saír 6 é 1/6
No caso dos dados non se poden calcular probabilidades
Os sucesos son igualmente probables e a súa probabilidade é 1/6
Nunha pequena vila galega un concesionario de coches decide sortear un todoterreo entre os seus habitantes para darse publicidade. En total nesta vila hai 1.900 persoas das cales 310 teñen menos de 18 anos. Cal é a probabilidade de que lle toque o coche a unha persoa maior de idade?
0,16
0,84
0,56
Neste tipo de sorteos o coche nunca toca
A probabilidade do suceso seguro é ...
Sempre 1
Sempre 0
Sempre 1/2
Os sucesos seguros non existen
Como agasaio de nadal unha empresa decide sortear entre todos os seus empregados dúas cestas de nadal. Cal é a probabilidade de que lle toquen as dúas cestas a mesma persoa? (Nota: na empresa traballan 8 empregados)
1/16
2/64
1/64
Depende do número de xamóns da cesta
Imaxínate que na túa aula deciden rifar unha viaxe de fin de curso gratuíta. Para iso o profesor propón dividir a aula en dous grupos: os rapaces por un lado e as rapazas por outro. O primeiro paso do sorteo e tirar unha moeda. Se sae cara a viaxe sortearase entre as rapazas. Se pola contra sae cruz a viaxe sortearase entre os rapaces. Se na aula sodes máis rapaces que rapazas Paréceche xusto o sorteo?
Xusto non, pero se son rapaza convenme
Xusto non, pero se son rapaz convenme
Si, pois todos temos a mesma probabilidade de que nos toque
Non, porque os rapaces teñen o doble de probabilidade que as rapazas de que lles toque