IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Os impostos
A. Clasifica os seguintes impostos en: estatal, autonómico ou compartido:
a) Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF)
b) Imposto sobre sociedades
c) Imposto sobre o dano ambiental da auga encorada
d) Imposto sobre o patrimonio
B. Que porcentaxe da recadación do Imposto sobre a renda dos non residentes vai parar ás arcas autonómicas?
Ata o límite do 50%
Ata o límite do 58%
O 100%
Ningunha das anteriores
C. Cal dos seguintes non é un imposto indirecto?
Imposto sobre o valor engadido (IVE)
Imposto sobre sucesións e doazóns
Imposto sobre actos xurídicos e documentados
Imposto polo miúdo de hidrocarburos
D. A partir da desagregación dos ingresos tributarios da Comunidade Autónoma galega por conceptos impositivos, calcula o peso do Imposto sobre o patrimonio no ano 2018:
Nota: utiliza a coma para os decimais e non poñas o símbolo %; o resultado debes redondealo a 2 decimais
E. Cal das seguintes afirmacións é a verdadeira?
O Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) é un imposto proporcional
O Imposto sobre o valor engadido (IVE) é un imposto regresivo
En España non hai impostos regresivos
Un imposto progresivo é aquel no que o tipo impositivo é constante sexa cal sexa a renda ou riqueza do
suxeito pasivo
F. A partir da información que se presenta na táboa seguinte, poderías calcular canto recadou (en miles de €) o Estado en Galicia en concepto de impostos indirectos no último ano dispoñible?
G. Observa con detemento a gráfica seguinte, onde se representa a evolución da recadación tributaria do Estado en Galicia por capítulos. Cal das seguintes afirmacións non é certa?
O sector público central recadou máis por impostos directos nos últimos 10 anos en Galicia que por
impostos indirectos
A evolución da recadación impositiva directa do Estado en Galicia foi positiva ata o ano 2007
No período 2008-2009 as taxas de crecemento interanuais dos capítulos I e II presentan valores negativos
No período 2008-2009 as taxas de crecemento interanuais dos capítulos I e II presentan valores positivos
H. A presión fiscal dun país calcúlase:
Dividindo os ingresos totais do país entre o seu Produto Interior Bruto (PIB)
Multiplicando os ingresos totais do país polo seu PIB
Dividindo os impostos e cotizacións sociais recadados no país entre o seu gasto público
Dividindo os impostos e cotizacións sociais recadados no país entre o seu PIB
I. A partir dos datos que aparecen na seguinte
ligazón
, onde se achegan a recadación tributaria e o PIB de distintos países da Unión Europea no período 2009-2018, calcula a presión fiscal de España en 2018:
Nota: utiliza a coma para os decimais e non poñas o símbolo %
J. Supoñamos dous países A e B, cuxas presións fiscais nun ano determinado presentan valores do 15% e do 30% respectivamente. Que implica o feito de que a presión fiscal de A sexa menor que a de B?
O PIB do país A é superior ao do país B
A recadación impositiva no país A é menor que no país B
A porcentaxe da riqueza monetaria anual recadada en concepto de impostos no país A é menor que a de B
A porcentaxe da riqueza monetaria anual recadada en concepto de impostos no país A é maior que a de B