IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Portal educativo IGE

O Produto Interior Bruto (PIB)


   A. A partir dos datos que se presentan na seguinte ligazón calcula o PIB a prezos correntes (en miles de €) de Galicia pola vía do gasto no último ano dispoñible: PIB nominal
        

   B. Cal das seguintes fórmulas empregarías para calcular o PIB pola vía da renda?
        Gasto en consumo final+Excedente de explotación bruto/Renda mixta bruta+Remuneración dos asalariados
        Impostos netos sobre a produción e as importacións-Remuneración dos asalariados+Excedente de              explotación bruto/Renda mixta bruta
        Impostos netos sobre a produción e as importacións+Excedente de explotación bruto/Renda mixta              bruta+Remuneración dos asalariados
        Excedente de explotación bruto/Renda mixta bruta+Remuneración dos asalariados-Importación de bens e              servizos

   C. Contribúen as seguintes operacións ao cálculo do PIB galego?
         a) A venda de peixe a unha empresa conserveira xaponesa por parte dun pescador galego
        Verdadeiro
        Falso

         b) A paga semanal dun pai ao seu fillo por axudar nas tarefas do fogar
        Verdadeiro
        Falso

         c) A compra dun camión por parte dunha empresa de transportes galega
        Verdadeiro
        Falso

         d) O salario que cobra un traballador portugués que presta os seus servizos na fábrica de Citroen en Vigo
        Verdadeiro
        Falso

   D. Observa con detemento a gráfica seguinte, na que se presenta o peso (en porcentaxe) de cada sector de actividade no PIB galego. Cal das afirmacións que se presentan a continuación dirías que é a acertada?

        O peso da industria no PIB galego é superior ao do sector servizos
        A suma dos pesos dos sectores agrario, industrial e servizos sobre o PIB galego é igual a 100
        A suma dos Valores Engadidos Brutos (VEB) dos catro sectores de actividade coincide co valor do PIB              galego
        O dos servizos é o sector que máis valor engadido xera en Galicia

   E. A partir dos datos da táboa seguinte, calcula a taxa de variación interanual do PIB a prezos correntes para o último trimestre considerado:
Nota: utiliza a coma para os decimais e non poñas o símbolo %

        

   F. En cal dos intervalos monetarios que se presentan a continuación dirías que se sitúa o PIB por habitante de Galicia no ano 2013? Axúdate dos datos que atoparás nas seguintes ligazóns:
PIB nominal
Poboación
        (5.000€/habitante-10.000€/habitante]
        (10.000€/habitante-25.000€/habitante]
        (25.000€/habitante-30.000€/habitante]
        (30.000€/habitante-35.000€/habitante]

   G. Para pasar do PIB á Renda Nacional Bruta (RNB), que variable lle temos que sumar ao PIB?
        Rendas netas do exterior
        Importación de bens e servizos
        Remuneración dos asalariados
        Impostos netos sobre os produtos