IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Canto sabes de estatística?
A. Nun estudo estatístico
Individuo refírese só a persoas
A mostra son todos os individuos obxeto de estudo
A mostra e a poboación coinciden
A poboación é todo o conxunto obxeto de estudo
B. Das seguintes variables estatísticas: nº de libros nunha casa, profesión, idade dunha persoa, xénero e superficie dos concellos galegos
Son todas cualitativas
nº de libros dunha casa, idade dunha persoa e superficie dos concellos galegos son cuantitativas
Xénero e profesión son variables cuantitativas
Son todas cuantitativas
C. Na seguinte táboa tes a distribución do número de membros que compoñen as familias galegas no ano 2012
   a) Esta distribución.
Ten por moda dúas persoas
Non ten moda
Ten dúas modas
A moda non se pode calcular
b) A mediana desta distribución é:
Catro persoas
A mediana non se calcula neste caso
Unha persoa
Dúas persoas
c) A media desta distribución é (no último intervalo toma o valor 7 para o cálculo da media):
Catro persoas
Unha persoa
2,6 persoas
Seis persoas
E. Cal das seguintes medidas de centralización se ve máis afectada polos valores extremos da variable?
A media
A mediana
A moda
As medidas de centralización non se ven afectadas polos valores extremos
F. Se temos unhas observacións dunha variable que ven dada en litros ...
A varianza tamén ven dada en litros
A desviación típica ven dada en litros
O coeficiente de variación non tería unidades
As dúas respostas inmediatamente anteriores son certas
G. O profesor de matemáticas proponlle aos seus alumnos que para calcular a nota final da avaliación cada alumno escolla a medida de centralización que máis lle conveña para aplicarlle ás notas de todos os exames. Un dos alumnos sacou as seguintes notas nos 7 exames que realizou: 5, 5, 4, 9, 8, 7, 6
Eu sen dudalo escollería a moda, para asegurarme polo menos o aprobado raspado
En primeiro lugar cambiaría estas notas polas miñas sen dudalo e despois escollería a mediana.
Da igual escoller a media, a mediana ou a moda pois case non hai diferenzas entre as notas.
A media, a pesar de ser a elección tradicional, neste caso segue a ser a mellor opción