IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Mortalidade
A.- Observa a táboa:
Defuncións segundo causas de morte en Galicia. Ano 2010
INE. Defunciones según la causa de la muerte
A principal causa de morte entre os galegos é:
Enfermidades do sistema respiratorio
Tumores
Enfermidades do sistema circulatorio
Cal é a porcentaxe de persoas morreron en Galicia por enfermidades do sistema circularorio?
33,1%
60,2%
35,0%
Máis da metade das defuncións en Galicia no ano 2010 son por enfermidades do sistema circulatorio e tumores
Verdadeiro
Falso
En Galicia no ano 2010 o 52,4% das defuncións corresponderon a homes
Verdadeiro
Falso
B.- O saldo vexetativo é a diferenza existente entre os nacementos e as defuncións. Observa o mapa onde se representa o saldo vexetativo dos concellos galegos
Saldo vexetativo dos concellos de Galicia. Ano 2010
Fíxate na lenda do mapa, os valores do saldo vexetativo están agrupados en intervalos cada un dunha cor distinta, os concellos da mesma cor teñen valores homoxéneos, entre parénteses preséntase a porcentaxe de concellos que están incluídos nese intervalo.
Nos concellos con saldo positivo nace máis xente que morre.
Verdadeiro
Falso
Os concellos que teñen saldo vexetativo positivo Cal é a cor que lles corresponde no mapa?
Á vista do mapa elixe a zona na que cres que se encontran a maioría dos concellos onde os nacementos superan as defuncións
Norte de Galicia
Sur de Galicia
Franxa costeira atlántica
Interior de Galicia
C.- A esperanza de vida defínese como o número de anos que esperaría seguir vivindo unha persoa a unha determinada idade no caso de manterse o patrón de mortalidad actualmente observado. Observa o gráfico e a táboa da evolución da esperanza de vida ao nacer en Galicia:
Evolución da esperanza de vida en Galicia
Contesta se son correctas ou non as seguintes afirmacións:
A esperanza de vida foi crecendo ao longo dos últimos anos en Galicia
Verdadeiro
Falso
A esperanza de vida é maior nos homes que nas mulleres
Verdadeiro
Falso
A diferencia en anos da esperanza de vida a favor da muller foise reducindo na última década
Verdadeiro
Falso