IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Portal educativo IGE

Conceptos teóricos referentes ao mercado laboral


   Cal é a idade mínima legal para traballar en Galicia?
        Os 18 anos
        Non hai idade mínima
        Os 21 anos
        Os 16 anos

   Cal das seguintes afirmacións sobre o mercado laboral é correcta?
        Os estudantes clasifícanse como activos
        A poboación activa é a suma dos ocupados e dos parados
        Os parados clasifícanse como inactivos
        Ningunha das anteriores

   Cal dos sectores de actividade é o que ocupa un maior número de traballadores en Galicia?
        Agricultura e pesca
        Industria
        Construción
        Servizos

   Se a taxa de paro en Galicia no ano 2019 era do 11,8% isto quere dicir
        O 11,8% do total da poboación galega está parada
        O 11,8% do total da poboación en idade laboral está parada
        O 11,8% do total da poboación activa galega está parada
        O 11,8% do total da poboación galega maior de 18 anos está parada

   Mira a seguinte ligazón e marca a resposta correcta : taxas de actividade
        A taxa de actividade dos homes é sempre maior que a das mulleres
        A taxa de actividade das mulleres de 16 a 24 anos é maior que a dos homes
        A taxa de actividade das mulleres incrémentase sempre ao longo do tempo
        As taxas de actividade máis altas están no grupo de poboación de 55 e máis anos

   Que resposta non é correcta? Asalariados
        O sector privado ten máis asalariados que o sector público
        A maior parte dos asalariados do sector privado teñen contrato indefinido
        Os asalariados con contrato temporal son menos que os asalariados con contrado indefinido
        A porcentaxe de asalariados con contrato temporal é maior en 2014 que en 2005

   Indica cal dos seguintes non é inactivo
        Un parado
        Un xubilado
        Un estudante
        Unha ama de casa