IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
Como andas de economía?
Cal é o tamaño máis frecuente nas empresas con sede en Galicia?
De 1 a 2 asalariados
De 10 a 19 asalariados
De 50 a 99 asalariados
Sen asalariados
Das seguintes operacións, cal non contribúe ao cálculo do PIB galego?
A paga semanal dun pai ao seu fillo por axudar na casa
A compra dunha casa por parte dunha familia
O salario que recibe un traballador da Administración pública galega
A venda de peixe a unha empresa conserveira xaponesa por parte dun pescador galego
Cal é a rama de actividade que ten máis peso no PIB?
Agricultura
Servizos
Industria
Construción
Os impostos directos son aqueles que se calculan sobre a renda e o patrimonio. Cal dos seguintes non é un imposto directo?
O Imposto sobre o Patrimonio
O Imposto sobre o Valor Engadido (IVE)
O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF)
O Imposto sobre o Beneficio das Sociedades
Quen recada o Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas?
O Estado
A Comunidade Autónoma
A Comunidade Autónoma e o Estado
Ningunha das anteriores
Mira os
datos
do orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia nos últimos anos e sinala a afirmación correcta
O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia diminuíu un 10% no último ano
O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia aumentou un 10% no último ano
Máis do 50% do orzamento da Comunidade Autónoma adícase a Sanidade e a Educación
Ningunha das anteriores
Cales é a forma xurídica que máis escollen as empresas con sede en Galicia?
Máis da metade son persoas físicas
Sociedade limitada
Sociedade anónima e Sociedade de responsabilidade limitada
Sociedad cooperativa