IGE - Portal Educativo. Estatística Recreativa
NOTICIA PUBLICADA
Catro comunidades teñen a máis da metade dos seus mozos en paro
Data: 29/04/2011
O desemprego entre os menores de 25 anos en España volve a subir ata o 45%, aínda que catro rexións e Ceuta e Melilla rexistran taxas de desemprego superiores ao 50%.
Catro comunidades autónomas, ademais de Ceuta e Melilla, teñen a máis da metade dos seus mozos en paro. A falta dunha formación adecuada e das dificultades para poñer en marcha empresas, que son as que en maior medida tiran da contratación de universitarios, explican que España sexa o país da UE con máis desemprego entre os menores de 25 anos.
Segundo os datos da Enquisa de poboación Activa (EPA) que publicou hoxe o INE, a taxa de paro entre os mozos de Andalucía, Canarias, Valencia e Estremadura supera o 50%. Porén, a pro situación rexístrase nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla, onde a porcentaxe de menores de 25 anos sen traballo acada o 57% e o 58%. No outra extremo, Navarra e o País Vasco son as rexións con menos paro xuvenil, con taxas do 28% e do 30%.
Coa axuda da seguinte táboa sinala a resposta correcta:
Taxa de paro xuvenil por Comunidades autónomas. Primeiro trimestre de 2011
Andalucía
Aragón
Principado de Asturias
Illes Balears
Canarias
Cantabria
Castilla y León
Castilla – La Mancha
Cataluña
Comunitat Valenciana
52,98
42,98
45,83
46,18
52,92
46,14
39,28
47,76
43,57
50,90
Extremadura
Galicia
Comunidad de Madrid
Región de Murcia
Comunidad Foral de Navarra
País Vasco
La Rioja
Ceuta
Melilla
Total Nacional
50,25
41,28
36,59
40,74
28,14
30,30
44,87
57,07
58,57
45,39
Taxa de paro
: (poboación parada / poboación activa) * 100
Poboación activa
= ocupados + parados
O titular non é exacto. Que a taxa de paro supere o 50% non quere dicir que máis da metade dos mozos sexan parados.
Non é certo que Navarra e o País Vasco sexan as rexións con menos paro xuvenil
Non é certo que a taxa de desemprego xuvenil en España se sitúe arredor do 45%
Galicia é a Comunidade autónoma con maior taxa de paro xuvenil