Axuda: Consulta do Banco de Datos


¿QUE É O BANCO DE DATOS?

O banco de datos do Instituto Galego de Estatística aglutina a información estatística relativa á Comunidade Autónoma de Galicia e ás súas divisións territoriais procedente de diversas fontes da estatística oficial.

A información atópase en táboas clasificadas tematicamente segundo a clasificación empregada na web.

As táboas do banco de datos do Instituto Galego de Estatística permiten ao usuario seleccionar os valores que quere incluír na consulta e obter táboas de resultados en función das súas necesidades.

Despois de elaborar a táboa permítense ademais unha serie de funcionalidades, como son: descargar a táboa ao PC, intercambiar as columnas e filas da táboa, elaborar distintos tipos de gráficos segundo o tipo de datos, ... Ademais, en todas aquelas táboas que conteñan unha dimensión espacial municipal ou comarcal, permítese tamén a elaboración de mapas.

¿COMO FUNCIONA?

1. SELECCIÓN DAS VARIABLES PARA EFECTUAR A CONSULTA

En calquera táboa aparecen sempre varios recadros. Cada un deles corresponde a unha variable.

Exemplo:
Hipertáboa 7996: Empresas con actividade en Galicia segundo o estrato de asalariados


Figura 1

Selección dunha variable en filas/columnas

O primeiro paso para realizar unha táboa é decidir as variables que se queren poñer en filas e as que se queren poñer en columnas.

No apartado Presentación da táboa amósase a selección por defecto:


Figura 1a


En filas aparecen dúas variables seleccionadas: Estrato de asalariados e Espazo; o Estrato en primeiro lugar e o Espazo en segundo lugar.
En columnas só aparece unha variable seleccionada: o Tempo.
Para pasar unha variable das Filas ás Columnas hai que premer a frechada variable.
Para pasar unha variable das Columnas ás Filas hai que premer
As frechas/permiten subir / baixar unha variable dentro da orde de aniñación.
A dobre frechapermite intercambiar en bloque as variables das Filas por Columnas.

¿Como se seleccionan os elementos de cada variable que se queren incluír na consulta?


Figura 1b

  • Un só elemento: para seleccionar un elemento só hai que pinchar sobre el.

  • Varios elementos: para seleccionar varias categorías consecutivas dunha variable habería que pinchar na primeira delas e, mantendo a tecla das maiúsculas pulsada, pinchar na última. No caso de que se queiran seleccionar categorías dunha variable que non sexan consecutivas habería que pinchar na primeira e, mantendo pulsada a tecla Control, pinchar no resto de categorías que se queiran seleccionar.

  • Todos os elementos: para seleccionar todas as categorías dunha variable pódese empregar o botón

  • Ningún elemento: Se están seleccionadas todas as categorías para deseleccionalas todas pódese empregar o botón

  • Busca textual: Se coñecemos parte do nome dunha categoría podemos buscala na lista usando


¡Na parte inferior do recadro de cada variable, en Seleccionados, aparece o número de categorías que se seleccionaron desa variable!


Exemplo:
Na seguinte consulta:
  • En columnas figurarían os anos 2022, 2021 e 2020.
  • En filas, en primeiro lugar aparecerían cada un dos estratos de asalariados e para cada un deles a continuación os concellos seleccionados (Arzúa, O Pino).


Figura 2

¿É necesario seleccionar todas as variables en filas ou en columnas?

Cando nunha variable se selecciona só unha categoría, non é necesario situar a variable nin en filas nin en columnas na táboa. Esta variable pode arrastrarse ao apartado Filtro para que non se amose na táboa de resultados.

Todas aquelas variables que non se seleccionan nin en filas nin en columnas actuarán como filtros, considerándose o filtrado por aquela categoría da variable que aparece marcada.

¡Cando nunha variable se selecciona máis dun elemento, esta ten que ir obrigatoriamente en filas ou en columnas!


Na hipertáboa 7995 seleccionamos:

  • En filas: o Estrato de asalariados.

  • En columnas: as categorías 05 Extracción de antracita, hulla e lignito e 06 Extracción de cru de petróleo e gas natural, da variable CNAE 2009.

  • Filtros: actúan como filtros as variables non seleccionadas nin en filas nin en columnas. Neste caso considérase só o ano 2022 na variable Tempo e o concello da Coruña na variable Espazo.


Figura 3


¿Que é a Selección por niveis?

Existen algunhas variables nas táboas que aparecen con distintos niveis xerárquicos. O exemplo que aparece de forma máis frecuente nas táboas é o da variable Espazo ou Tempo.

Para ver os niveis xerárquicos dunha variable prememos o botón


Figura 4

Na Figura 4 pódese observar que no recadro da variable Espazo os distintos niveis xerárquicos da variable aparecen con distinto sangrado.

  • Primeiro nivel: España/Galicia
  • Segundo nivel: Provincias
  • Terceiro nivel: Comarcas
  • Cuarto nivel: Concellos

Para facer a selección por niveis hai que premer na casiña correspondente a ese nivel que aparece na parte superior do recadro da variable.

Por exemplo, para seleccionar todas as provincias, habería que premer na casiña correspondente a Provincias. Do mesmo xeito, para que a selección só considere os concellos hai que seleccionar a casiña de Concellos.


Na Figura 4 aparece outra variable con distintos niveis xerárquicos: CNAE 2009. Neste caso hai cinco niveis posibles de selección:

  • Nivel 0: Total
  • Nivel 1: Sectores de actividade (2 Industria incluída a enerxía, 3 Construción, ...)
  • Nivel 2: Seccións da CNAE (B INDUSTRIAS EXTRACTIVAS, C INDUSTRIA MANUFACTUREIRA, ...)
  • Nivel 3: Divisións da CNAE (05 Extracción de antracita, hulla e lignito; 06 Extracción de cru de petróleo e gas natural; ...)
  • Nivel 4: Grupos da CNAE (05.1 Extracción de antracita e hulla; 05.2 Extracción de lignito; ...)

Neste caso, para seleccionar por exemplo todos os elementos correspondentes ás seccións da CNAE habería que seleccionar primeiro unha sección e logo marcar a casiña do Nivel 2 na Selección por niveis.


Selección especial na variable Tempo

Na hipertáboa 4651 temos unha variable Tempo desglosada en niveis: anos, trimestres e meses.

Ademais dos métodos que xa vimos nos exemplos anteriores coma a selección directa de categorías ou por niveis, tamén podemos facer unha selección nova por Períodos, que nos permitiría recuperar os n datos novos futuros da hipertáboa.


Figura Tempo

Para empregar este método de selección é preciso marcar o checkbox "Seleccionar últimos" e indicar o número de datos a seleccionar: un valor numérico ou all para incluír todos.

Tamén é preciso escoller sobre que período queremos facer a selección. No exemplo: últimos n anos, n trimestres, n meses ou os últimos n datos sen importar o período.

As categorías da variable Tempo están ordenadas en sentido descendente, de máis recente a menos. Para mudar a ordenación úsanse os botóns e

2. DESCARGA DIRECTA DA INFORMACIÓN

Unha vez que xa está feita a selección da consulta é posible facer unha descarga directa da información en formato CSV, JSON, JSONstat 1.0 ou JSONstat 2.0 mediante os seguintes botóns:

Facilítase unha ligazón que permite acceder aos datos seleccionados en formato csv. Esta ligazón permitiralle acceder aos últimos datos dispoñibles sempre e cando no eixo do tempo seleccione todas as categorías dispoñibles.

Permite descargar directamente o ficheiro en formato csv.

3. VISUALIZACIÓN DA CONSULTA

3.1. Táboa de resultados

Consideremos a seguinte consulta a partir da táboa da Figura 1.

  • Estrato de asalariados: seleccionáronse todos os valores da variable e púxose en columnas.
  • Espazo: seleccionouse Galicia e as catro provincias galegas e puxóse en filas.
  • Tempo: seleccionouse só o 2022 e non se puxo nin en filas nin en columnas; deixouse como filtro.


Figura 5

Para ver o resultado da consulta, despois de facer a selección só hai que premer no botón


Figura 6

Como se pode observar na Figura 6, na parte superior da táboa, debaixo do título especifícanse as unidades.

Debaixo das unidades figuran as categorías que se consideran como filtro ou corte ao igual que as variables que se seleccionaron en filas e en columnas.

Cambiar selección:

Permite volver á pantalla de selección para facer unha nova consulta.

Columnas calculadas:

Esta opción permite engadir novas columnas á táboa inicial, calculadas a partir das columnas da táboa da consulta mediante operacións aritméticas básicas.

Para crear unha columna calculada hai que premer sobre o botón que aparece na parte superior da táboa de datos e introducir no recadro en branco que se crea a fórmula para obter a nova columna, tendo en conta os seguintes criterios:

  • O nome da nova columna é optativo. Se non se lle asigna un nome, a columna engadirase á táboa sen cabeceira. Se se lle quere dar un nome á nova columna isto é o primeiro que hai que escribir no recadro da fórmula.
  • A continuación hai que poñer o símbolo "=". Este símbolo é obrigatorio engadilo aínda que non se lle poña nome á columna.
  • Por último habería que introducir a fórmula para calcular a nova columna a partir das existentes. Para facer isto só hai que ter en conta que as columnas se referencian coa orde que ocupan na táboa (comezan a numerarse con 1 despois de eliminar a columna ou columnas nas que non aparecen datos) e que as constantes que se empreguen neste cálculo sempre terán que ir precedidas pola consoante "n".


Figura 7

Por exemplo, na Figura 7 creouse a partir da táboa da Figura 6 unha nova columna, "Porcentaxe de empresas sen asalariados", a partir da fórmula Porcentaxe de empresas sen asalariados=2/1*n100, onde "2" fai referencia á columna "sen asalariados", "1" fai referencia á columna "Todos" e "n100" fai referencia á constante 100.

Para eliminar unha columna calculada só hai que pinchar enriba da aspa que aparece na cabeceira da columna.

Despois de crear unha ou varias columnas calculadas, coa nova táboa téñense as mesmas posibilidades que coa táboa inicial, excepto a de intercambiar eixes, que só se permite cando non existen columnas calculadas.

Así, na opción de descargar datos inclúense as novas columnas calculadas e pódense elaborar gráficos e mapas nos que interveñan estas columnas.

Intercambiar eixes:

Esta opción permite rotar os eixes que interveñen como filas e columnas na consulta.

O resultado desta opción sobre a consulta da Figura 6 sería o seguinte:


Figura 8

3.2. Gráficos e mapas

Ver gráfico:

Permítese a creación de gráficos a partir da táboa realizada. Despois de premer no botón

os datos aparecen por defecto representados nun gráfico de barras, pero se esta representación non é a máis adecuada ofrécese a posibilidade de escoller outra opción entre as posibles (áreas, barras, barras 3D, liñas, liñas 3D, sectores, sectores 3D e pirámides de poboación). Queda a criterio do usuario seleccionar o tipo de representación máis adecuada para os datos que se escolleron.

Ademais, pódese escoller o tamaño (medido en pixeis) do gráfico, elixindo entre as seguintes opcións: 600x400, 800x600 e 1024x768.

Para gardar o gráfico resultante no disco duro, habería que pulsar sobre o botón dereito do rato e elixir "Guardar imagen como...". O ficheiro resultante gardase no formato *.png.

Exemplo:


Figura 9

Mapas

A funcionalidade de creación do mapas do banco de datos do IGE consiste na posibilidade de representar nun mapa temático aquelas táboas que teñan unha variable xeográfica con desagregación municipal ou comarcal.

Proporciónanse dous tipos de mapas: mapas fixos e mapas dinámicos. Os primeiros son soportados por calquera tipo de navegador.

Para poder representar un mapa é necesario que na táboa de resultados aparezan en filas:

  • Os concellos que se queren representar, no caso dun mapa municipal.
  • As comarcas que se queren representar, no caso dun mapa comarcal.

É necesario ademais que na táboa de resultados, en filas, só apareza a variable xeográfica.

Para a representación da variable no mapa hai que indicarlle en que columna (comezando en 1 e sen contar a primeira columna, que é onde aparecen as descricións dos concellos/comarcas) se atopan os datos que se queren representar.

Ver mapa fixo:

Os intervalos que aparecen na lenda do mapa teñen un número de rexistros iguais; son cerrados pola esquerda e abertos pola dereita [a,b) e entre parénteses preséntase a % de rexistros que están incluídos nese intervalo.

Ao desprazar o rato polo mapa indica para concello ou comarca o nome e o código deste ámbito territorial, ao igual que o valor da variable que estamos a representar para ese territorio.

O botón permite consultar os valores da variable que se están a representar.

Para gardar o mapa resultante no disco duro, habería que pulsar sobre o botón dereito do rato e elixir "Guardar imagen como...". O ficheiro resultante gardase no formato *.jpeg ou *.bmp.


Figura 10

Ver mapa dinámico:

Diferéncianse dos mapas fixos nos seguintes aspectos:

  • Ofrecen a posibilidade de modificar os intervalos que por defecto aparecen nos mapas fixos mediante o botón Definir intervalos. Permite tres posibilidades:
    • Intervalos con rexistros iguais: a porcentaxe de rexistros dentro dos intervalos é aproximadamente a mesma para todos
    • Intervalos que se basean nos valores acumulados da variable representada
    • Intervalos personalizados: o usuario pode elixir os intervalos que máis lle interesen segundo as súas necesidades, modificando os que lle aparecen por defecto.
  • Pódense visualizar os datos representados mediante o botón "Ver datos" (especialmente útil para os casos nos que se representen variables derivadas)
  • Posibilidade de pinchar sobre un concello ou comarca (co botón esquerdo do rato) para que quede fixo o nome do concello e o valor da variable representada
  • Permiten facer zoom sobre o mapa mediante os botóns + e - e tamén se pode desprazar o mapa sobre a pantalla na que se encontra mediante as frechas situadas no panel dereito. Os intervalos son cerrados pola esquerda e abertos pola dereita [a,b) e entre parénteses preséntase a % de rexistros que están incluídos nese intervalo.

Os mapas empregados están implementados no estándar SVG. Estes gráficos xa están soportados de forma nativa polos navegadores web recentes.

No botón pódese gardar o mapa resultante en formato *.jpeg.

Este mapa gardarase cos cambios que se lle fixesen (fixar nomes e valores das variables e definición dos intervalos, non cambios no zoom).

Exemplo:
No seguinte mapa dinámico representouse o número de unidades locais nas comarcas galegas no ano 2021.


Figura 11

Como se pode observar na Figura 11, por defecto os mapas represéntanse considerando 5 intervalos con igual número de rexistros por intervalo.

Para modificar a definición dos intervalos, premendo no botón , despréganse unha serie de botóns e casiñas, tal e como se amosa na Figura 12, que permiten:

  • Escoller o número de intervalos.
  • Elixir entre:
    • Distribución por nº de rexistros iguais
    • Distribución dos valores acumulados da variable
    • Introducir manualmente nas casiñas os límites inferior e superior dos intervalos que se queren considerar


Figura 12

O botón permite, ao igual que no caso dos mapas fixos, consultar os datos que se están a representar.

Por último, se co botón esquerdo do rato se pincha enriba dalgún territorio, fíxase o nome do territorio e o valor da variable nese territorio, tal e como se pode comprobar na Figura 13, onde se fixou texto para algunhas comarcas.


Figura 13



3.3. Descargar datos

Nesta opción ofrécese a posibilidade de gardar as táboas de datos resultantes das consultas en formato .xls (texto separado por tabuladores) ou en formato .csv (texto separado por ";").

4. DEFINICIÓNS

En todas as táboas aparece o botón que ofrece a posibilidade de visualizar todas as definicións das variables, categorías, clasificacións, ... asociados á táboa obxecto de consulta.

Este botón está dispoñible tanto na pantalla de selección da consulta como na da táboa de resultados.

Exemplo:


Figura 14

Este sitio web utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para optimizar su uso. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Conozca nuestra política de cookies

De acuerdo