ÍNDICE


Introdución

Neste apartado analízanse os fogares de Galicia en relación aos ingresos salariais que perciben a partir da información que anualmente proporciona a Enquisa estrutural a fogares (EEF).

Considéranse fogares con algunha persoa asalariada aqueles nos que algún dos seus membros tivo algún ingreso proveniente de traballo por conta allea.

Defínense catro fontes de renda e para cada fogar calcúlase a fonte de renda máis importante cuantitativamente, o que permite a clasificación dos fogares como segue:
  • Fogares cuxa principal fonte de ingresos son os salarios (ingresos dos traballadores por conta allea).
  • Fogares cuxa principal fonte de ingresos son os ingresos dos traballadores por conta propia.
  • Fogares cuxa principal fonte de ingresos son as prestacións (inclúen as pensións contributivas e non contributivas e as prestacións e os subsidios por desemprego).
  • E unha categoría “outro tipo” na que se recollen aqueles fogares nos que a fonte máis importante de ingresos son os ingresos non utilizados como variable de clasificación nas categorías anteriores (rendas do capital e da propiedade e outros ingresos).
  • Tamén se calculan, nos fogares con ingresos salariais, o peso destes ingresos sobre o total de ingresos do fogar e así obter os fogares nos que os salarios son máis do 50% dos ingresos totais, máis do 75 % dos ingresos totais e nos que os salarios son o 100% dos ingresos que teñen.


    Fogares con persoas asalariadas

    Incidencia dos fogares con persoas asalariadas por áreas

    Incidencia dos fogares con persoas asalariadas. Ano 2022
    Unidade: Porcentaxe

       

    Nas provincias da Coruña e Pontevedra sitúanse as áreas que teñen unha maior incidencia de fogares nos que hai algunha persoa asalariada e en todas as áreas destas dúas provincias a incidencia dos fogares con algunha persoa asalariada é superior ao 50%.

    Pola contra, nas provincias de Lugo e Ourense é onde se sitúan as incidencias máis baixas e onde se atopan as áreas con incidencias inferiores ao 50%: O Carballiño-O Ribeiro e Ourense sur.

    A incidencia máis alta atópase na Área de Santiago na que o 67,53% dos fogares teñen algunha persoa asalariada. No outro extremo atópase Ourense sur na que o 40,10% dos fogares teñen algunha persoa asalariada.

    Incidencia dos fogares con algunha persoa asalariada segundo a tipoloxía do fogar

    Incidencia dos fogares con algunha persoa asalariada segundo a tipoloxía do fogar. Galicia
    Unidade: Porcentaxe
    2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
    Unipersoal 25,66 25,85 26,54 27,25 29,14 26,22 25,55 26,33 26,74 27,52 28,03 27,76 29,43 29,41 29,45 30,57
    Parella con fillos 85,11 86,62 84,14 83,96 82,01 80,21 80,08 79,44 81,16 83,09 83,39 85,27 85,48 85,44 87,49 87,25
    Parella sen fillos 43,94 42,27 42,13 42,58 44,95 42,33 39,40 39,21 38,43 38,20 40,19 41,41 42,86 44,18 43,99 44,42
    Monoparental 65,97 67,72 66,72 60,75 59,85 58,19 56,44 56,07 58,82 62,47 60,28 67,62 65,75 65,53 67,30 68,34
    Outro tipo 71,81 71,87 70,05 69,99 67,23 61,88 62,72 64,64 64,78 68,59 68,16 68,77 71,65 72,04 73,30 72,93
    Total 61,11 61,33 59,58 58,33 57,92 55,82 54,51 54,63 55,29 56,63 56,82 58,05 59,19 59,07 59,87 60,37

    No ano 2022 o 60,37% dos fogares de Galicia teñen algunha persoa asalariada (0,50 puntos máis que no ano 2021). A incidencia dos fogares con algún salario diminuíu lentamente dende o ano 2007 ata os anos 2013 e 2014 (cando se situou por debaixo do 55%) para, nos seguintes anos, aumentar lixeiramente. No ano 2020 rompe o refacho de crecemento da incidencia, que baixa lixeiramente e se sitúa no nivel do ano anterior. En 2022 recupérase o crecemento pero a incidencia dos fogares con algunha persoa asalariada (60,37%) segue sen acadar os niveis do ano 2007 (61,11%).

    Por tipoloxía do fogar, os fogares do tipo parella con fillos son nos que as persoas asalariadas teñen máis peso (un 87,25%). No outro extremo atópanse os fogares do tipo unipersoal, onde o 30,57% son persoas asalariadas.

    Fogares con persoas asalariadas segundo a tipoloxía do fogar. Galicia Unidade: Porcentaxe

       

    A incidencia dos fogares con algunha persoa asalariada nos diferentes tipos de fogares (unipersoais, parellas con fillos, parellas sen fillos…) en 2022 é moi similar á incidencia en 2007.

    Neste período de tempo, o maior incremento da incidencia dos fogares con algunha persoa asalariada preséntase nos fogares do tipo unipersoal cunha diferenza de 4,91 puntos porcentuais (o 25,66% en 2007 e o 30,57% en 2022).

    Ao contrario, o menor incremento na incidencia dos fogares con algunha persoa asalariada prodúcese nos fogares do tipo parella sen fillos que pasa de ser o 43,94% en 2007 ao 44,42% en 2022 (0,48 puntos porcentuais de diferenza).

    Fogares con persoas asalariadas segundo a principal fonte de ingresos

    Distribución do total de fogares e dos fogares con persoas asalariadas segundo a principal fonte de ingresos. Galicia
    Unidade: Porcentaxe
    Total
    Hai perceptores ingresos traballo conta allea
    Salarios Traballo conta propia Prestacións Outro tipo Salarios Traballo conta propia Prestacións Outro tipo
    2007 50,34 11,01 37,35 1,29 82,39 6,72 10,37 0,53
    2008 49,76 9,70 39,03 1,51 81,14 6,11 12,05 0,70
    2009 47,84 10,07 40,43 1,66 80,30 5,92 13,05 0,74
    2010 46,60 9,28 41,99 2,13 79,90 5,36 13,94 0,81
    2011 46,32 9,13 42,59 1,96 79,97 4,81 14,28 0,94
    2012 43,28 9,32 45,57 1,84 77,53 5,17 16,69 0,61
    2013 42,86 9,36 45,86 1,92 78,64 5,35 15,27 0,75
    2014 43,57 8,96 45,32 2,16 79,75 4,87 14,54 0,84
    2015 43,70 8,62 45,15 2,54 79,04 5,12 14,69 1,16
    2016 44,58 9,39 44,05 1,97 78,72 6,06 14,17 1,05
    2017 45,27 9,25 43,78 1,71 79,66 5,41 14,07 0,86
    2018 46,55 9,48 42,41 1,56 80,19 5,91 13,30 0,59
    2019 46,30 9,29 42,36 2,05 78,24 5,83 15,12 0,82
    2020 45,08 8,54 44,90 1,48 76,31 5,35 17,75 0,58
    2021 46,70 8,65 43,12 1,53 78,00 5,83 15,76 0,41
    2022 47,12 9,37 42,05 1,46 78,04 6,28 15,17 0,51

    No ano 2022 o 47,12% dos fogares galegos teñen como fonte principal de ingresos os salarios seguidos dos fogares que teñen como fonte principal as prestacións (o 42,05%), mentres que os fogares que teñen como fonte principal o traballo por conta propia non chegan ao 10%.

    Se nos restrinximos aos fogares con persoas asalariadas, no ano 2022 en Galicia o 78,04% destes fogares teñen como fonte principal de ingresos do fogar os salarios e no 15,17% deles as prestacións constitúen a maior fonte de ingresos. Isto é, aínda que o fogar teña algunha persoa asalariada, o ingreso total por salarios é inferior ao ingreso total por prestacións.

    Este peso aumentou no período 2007-2012 acadando en 2012 o seu valor máximo do 16,69% e viña diminuíndo dende este ano ata o 2018 onde acadou o 13,30% dos fogares (aínda por encima do valor que representaban estes fogares, o 10,37%, en 2007). No ano 2020 esta porcentaxe aumenta 2,63 puntos porcentuais con respecto a 2019 e acada un novo valor máximo (17,75%) polo efecto das prestacións da Covid. En 2022 a porcentaxe diminúe con respecto ao anterior e sitúase no 15,17%.

    Distribución dos fogares segundo a fonte principal de ingresos. Galicia. Ano 2022
    Unidade: Porcentaxe

    Fogares nos que os ingresos por salarios representan máis dun 50%, 75% ou 100% do total dos seus ingresos

    Fogares nos que os salarios representan máis dunha determinada porcentaxe do total dos seus ingresos. Galicia e provincias
    Unidade: Porcentaxe
    2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
    Galicia
    Máis dun 50% 49,38 48,41 46,71 45,24 45,35 42,21 41,86 42,67 42,93 43,60 44,49 45,65 45,40 43,69 45,61 45,98
    Máis dun 75% 35,79 35,22 33,43 31,14 32,47 30,63 30,60 31,75 31,26 32,20 32,74 33,06 32,15 30,56 33,52 33,33
    O 100% 26,28 22,23 21,47 20,17 21,14 21,15 21,98 22,42 21,68 23,16 24,20 24,52 22,77 16,82 23,49 24,17
    A Coruña
    Máis dun 50% 51,81 50,80 49,30 48,12 47,39 44,21 44,72 45,16 45,01 46,38 46,83 46,44 46,73 45,36 45,89 47,69
    Máis dun 75% 37,98 37,39 35,55 33,20 34,21 33,16 32,82 34,16 33,62 34,16 35,38 34,08 33,52 31,75 34,26 34,77
    O 100% 27,40 23,14 21,09 20,24 21,97 22,90 24,20 22,92 22,37 24,16 25,84 24,67 24,08 17,47 24,45 25,77
    Lugo
    Máis dun 50% 40,45 40,90 39,28 38,20 38,26 34,27 34,37 37,79 38,44 37,30 39,05 38,98 38,74 39,60 42,21 40,31
    Máis dun 75% 27,48 27,34 28,35 26,70 27,44 23,73 23,71 25,35 27,09 27,12 27,08 25,72 27,19 27,28 29,76 29,05
    O 100% 20,28 16,79 19,14 17,19 18,20 15,03 16,02 17,72 18,25 19,06 19,73 18,75 18,93 16,46 21,12 19,41
    Ourense
    Máis dun 50% 38,55 38,11 36,72 35,79 39,95 37,47 36,61 34,99 36,79 36,52 35,32 38,81 38,66 35,10 40,10 39,00
    Máis dun 75% 27,89 27,99 25,10 24,95 26,92 25,96 25,02 26,85 25,13 25,12 26,00 27,40 27,26 24,56 28,68 28,16
    O 100% 20,43 20,19 16,73 16,88 18,04 17,18 18,65 19,27 17,39 18,89 20,53 21,29 19,79 15,03 19,01 20,56
    Pontevedra
    Máis dun 50% 54,45 52,64 50,48 48,20 47,66 44,48 43,11 44,26 44,26 45,06 46,90 49,57 48,55 46,13 48,42 48,34
    Máis dun 75% 39,70 38,63 36,18 32,80 34,42 31,83 32,53 32,99 32,13 34,23 33,98 36,53 33,98 32,39 35,66 34,87
    O 100% 29,74 24,11 24,79 22,57 22,45 22,76 22,73 24,75 23,68 24,99 25,13 27,60 23,60 16,76 24,73 25,15

    En 2022, no 45,98% dos fogares galegos os salarios representan máis da metade dos ingresos totais do fogar, no 33,33% os salarios representan máis do 75% e no 24,17% dos fogares galegos os salarios constitúen a totalidade de ingresos do fogar.

    Estas porcentaxes aumentaron con respecto ao ano 2021 sobre todo no caso dos fogares nos que a totalidade dos seus ingresos son os salarios, onde creceu 0,68 puntos porcentuais (do 23,49% en 2021 ao 24,17% en 2022).

    Fogares nos que os salarios representan máis dun 50%. Ano 2022
    Unidade: Porcentaxe

       

    Por provincias, as porcentaxes dos fogares nos que os salarios son superiores ao 50%, ao 75% ou igual ao 100% son maiores na Coruña e Pontevedra que en Lugo e Ourense.
    Así, a porcentaxe de fogares nos que os ingresos salariais son máis do 50% sitúase no 48,34% en Pontevedra, no 47,69% na Coruña, no 40,31% en Lugo e no 39,00% en Ourense.

    Fogares nos que os salarios/prestacións representan máis do 50% do total dos seus ingresos

    Na táboa inferior preséntase, para cada provincia e Galicia, a porcentaxe de fogares nos que os salarios son máis da metade dos ingresos do fogar xunto coa porcentaxe de fogares nos que as prestacións son máis da metade dos ingresos do fogar. O ano 2020 é o único ano da serie onde a porcentaxe de fogares galegos con predominancia de prestacións supera á porcentaxe de fogares con predominancia en salarios.

    Fogares nos que os salarios/prestacións representan máis da metade do total dos seus ingresos. Galicia e provincias
    Unidade: Porcentaxe
    2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
    Galicia
    Salarios 49,38 48,41 46,71 45,24 45,35 42,21 41,86 42,67 42,93 43,60 44,49 45,65 45,40 43,69 45,61 45,98
    Prestacións 37,02 38,27 39,75 41,35 41,94 44,74 45,13 44,62 44,46 43,53 43,06 41,81 41,30 43,97 42,36 41,26
    A Coruña
    Salarios 51,81 50,80 49,30 48,12 47,39 44,21 44,72 45,16 45,01 46,38 46,83 46,44 46,73 45,36 45,89 47,69
    Prestacións 35,19 36,22 37,04 39,45 40,16 42,84 42,03 42,48 42,92 40,60 40,45 41,04 39,26 42,02 40,51 40,37
    Lugo
    Salarios 40,45 40,90 39,28 38,20 38,26 34,27 34,37 37,79 38,44 37,30 39,05 38,98 38,74 39,60 42,21 40,31
    Prestacións 42,05 44,15 46,36 45,93 46,30 50,50 49,86 47,99 46,71 47,47 45,82 44,90 46,21 45,65 44,28 43,31
    Ourense
    Salarios 38,55 38,11 36,72 35,79 39,95 37,47 36,61 34,99 36,79 36,52 35,32 38,81 38,66 35,10 40,10 39,00
    Prestacións 47,39 48,68 50,41 49,36 48,07 50,28 52,28 52,85 50,49 51,40 53,66 48,88 50,32 53,27 48,70 49,84
    Pontevedra
    Salarios 54,45 52,64 50,48 48,20 47,66 44,48 43,11 44,26 44,26 45,06 46,90 49,57 48,55 46,13 48,42 48,34
    Prestacións 32,98 34,23 36,21 38,71 40,10 42,87 44,53 42,96 43,32 42,82 41,47 39,11 38,84 42,50 41,73 38,62

    En 2022, nas provincias de Pontevedra e A Coruña os fogares con predominancia de salarios superan aos fogares nos que máis da metade dos ingresos son prestacións; pola contra en Lugo e Ourense os fogares nos que máis do 50% do ingreso son prestacións superan aos fogares con maioría de salarios.

    Fogares nos que os salarios/prestacións representan máis dun 50%. Galicia
    Unidade: Porcentaxe

       

    Se analizamos estas porcentaxes para os anos 2007 e 2022 en Galicia, a porcentaxe de fogares nos que os salarios son máis do 50% dos seus ingresos presentou unha diminución de 3,40 puntos porcentuais en todo o período, mentres que a porcentaxe de fogares nos que as prestacións son máis da metade dos seus ingresos aumentou 4,24 puntos porcentuais.
    En 2007, a porcentaxe de fogares con predominancia de salarios era superior á porcentaxe de fogares con predominancia de prestacións en 12,36 puntos de diferenza; mais en 2022 as ditas porcentaxes son algo máis similares e a diferenza é de 4,72 puntos porcentuais a favor dos fogares con predominancia de salarios.


    Ingresos totais dos fogares

    Estrutura dos ingresos no total de fogares e nos fogares con algunha persoa asalariada

    Estrutura dos ingresos no total de fogares de Galicia. Galicia
    Unidade: Porcentaxe
    2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
    Traballo conta allea 57,10 56,19 54,80 53,68 52,93 50,58 49,87 50,43 50,84 50,47 51,02 51,48 50,79 49,63 51,55 51,20
    Traballo conta propia 13,14 11,87 11,60 10,88 10,05 10,16 10,48 9,87 9,89 10,49 10,61 10,84 10,85 9,54 10,00 10,65
    Prestacións 27,43 28,93 30,76 32,50 33,86 36,31 36,90 36,87 36,35 36,02 35,88 34,83 35,48 38,14 35,93 35,45
    Rendas e outros ingresos 2,33 3,01 2,83 2,94 3,15 2,95 2,75 2,82 2,92 3,02 2,49 2,84 2,88 2,70 2,52 2,70

    En 2022 os ingresos salariais representan o 51,20% do total de ingresos dos fogares. Esta porcentaxe (sen grandes cambios nos últimos anos) aínda é menor que a cifra de 2007 cando os ingresos salariais dos fogares eran o 57,10% do total dos seus ingresos.

       

    Estrutura dos ingresos nos fogares con algunha persoa asalariada. Galicia
    Unidade: Porcentaxe
    2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
    Traballo conta allea 75,74 74,39 74,44 73,64 74,14 72,99 73,80 74,92 74,89 73,95 74,34 74,02 71,86 71,01 72,51 72,57
    Traballo conta propia 8,55 8,29 7,34 7,37 6,58 6,49 7,01 6,58 6,66 7,45 7,28 7,89 7,96 6,81 7,22 7,71
    Prestacións 14,07 15,16 16,07 16,80 16,98 18,23 17,27 16,56 16,37 16,36 16,43 16,11 18,00 20,26 18,36 17,67
    Rendas e outros ingresos 1,63 2,15 2,15 2,19 2,29 2,28 1,92 1,94 2,08 2,24 1,95 1,99 2,18 1,92 1,91 2,05

    En 2022, nos fogares con algunha persoa asalariada, os salarios representan o 72,57% dos ingresos totais, similar á cifra dos anos 2020 e 2019 e inferior á dos anos anteriores (2014-2018) nos que se situaba entre o 74 e o 75%. Nos fogares con algunha persoa asalariada os ingresos procedentes das prestacións diminúen con respecto ao ano anterior e pasan de ser o 18,36% dos ingresos en 2021 ao 17,67 % en 2022.

       

    Ingreso medio mensual por fogar segundo a tipoloxía do fogar

    Ingreso medio mensual por fogar segundo a tipoloxía do fogar. Galicia
    Unidade: Euros
    Total de fogares
    Hai perceptores ingresos traballo conta allea
    Unipersoal Parella con fillos Parella sen fillos Monoparental Outro tipo Total Unipersoal Parella con fillos Parella sen fillos Monoparental Outro tipo Total
    2007 936 2.587 1.781 1.674 2.643 2.026 1.381 2.687 2.355 1.916 2.923 2.500
    2008 953 2.589 1.789 1.775 2.611 2.029 1.362 2.682 2.352 2.043 2.888 2.499
    2009 989 2.518 1.851 1.757 2.650 2.010 1.412 2.644 2.432 1.959 2.980 2.484
    2010 987 2.506 1.871 1.698 2.650 1.977 1.401 2.639 2.449 2.022 2.949 2.471
    2011 1.013 2.379 1.792 1.636 2.637 1.908 1.367 2.547 2.214 1.911 2.931 2.353
    2012 971 2.361 1.855 1.641 2.481 1.906 1.320 2.548 2.334 1.940 2.780 2.366
    2013 1.025 2.364 1.871 1.569 2.540 1.910 1.377 2.542 2.314 1.825 2.878 2.368
    2014 1.057 2.354 1.883 1.572 2.526 1.915 1.459 2.533 2.280 1.843 2.855 2.359
    2015 1.023 2.416 1.914 1.618 2.503 1.930 1.344 2.585 2.329 1.871 2.799 2.370
    2016 1.074 2.468 1.974 1.714 2.729 2.007 1.354 2.586 2.389 1.936 3.038 2.419
    2017 1.114 2.579 2.047 1.729 2.823 2.079 1.400 2.716 2.461 1.950 3.123 2.512
    2018 1.136 2.757 2.179 1.903 2.989 2.196 1.380 2.881 2.605 2.089 3.227 2.631
    2019 1.196 2.893 2.273 1.993 3.036 2.290 1.454 3.028 2.726 2.166 3.273 2.735
    2020 1.236 2.853 2.217 1.947 3.145 2.277 1.518 2.976 2.514 2.133 3.391 2.694
    2021 1.255 3.053 2.402 2.118 3.266 2.416 1.524 3.155 2.799 2.314 3.518 2.869
    2022 1.310 3.252 2.499 2.152 3.477 2.548 1.531 3.359 2.849 2.269 3.655 2.978

    No ano 2022 o ingreso medio mensual por fogar aumenta nun 5,46%, pasando de 2.416 euros en 2021 a 2.548 euros en 2022.

    Por tipoloxía de fogar, neste último ano todos os tipos de fogares viron incrementado o seu importe medio mensual con respecto ao ano anterior. O menor incremento relativo deuse nos fogares monoparentais nos que o importe medio mensual por fogar pasou de 2.118 euros en 2021 a 2.152 euros en 2022. Pola contra, o maior incremento presentouse nos fogares que son parella con fillos nos que o ingreso pasou de ser de 3.053 euros en 2021 a 3.252 euros en 2022.

    No ano 2022 o ingreso medio mensual por fogar, nos fogares con algunha persoa asalariada, acada os 2.978 euros (109 euros superior ao ingreso medio mensual por fogar en 2021). De xeito similar ao total de fogares, o ingreso medio mensual por fogar dos fogares con persoas asalariadas crece con respecto ao ano anterior (un 3,80%).

    Ingreso medio mensual por fogar segundo a principal fonte de ingresos do fogar

    Ingresos medios mensuais por fogar segundo a principal fonte de ingresos do fogar. Galicia
    Unidade: Euros por fogar
    Total de fogares
    Hai perceptores ingresos traballo conta allea
    Total Salarios Traballo conta propia Prestacións Total Salarios Traballo conta propia Prestacións
    2007 2.026 2.486 2.388 1.300 2.500 2.486 2.941 2.281
    2008 2.029 2.491 2.343 1.355 2.499 2.491 2.971 2.247
    2009 2.010 2.487 2.336 1.376 2.484 2.487 2.962 2.228
    2010 1.977 2.491 2.105 1.401 2.471 2.491 2.788 2.189
    2011 1.908 2.355 1.936 1.430 2.353 2.355 2.664 2.230
    2012 1.906 2.380 1.977 1.468 2.366 2.380 2.586 2.234
    2013 1.910 2.373 2.016 1.479 2.368 2.373 2.677 2.256
    2014 1.915 2.367 1.987 1.491 2.359 2.367 2.667 2.230
    2015 1.930 2.402 2.008 1.510 2.370 2.402 2.487 2.234
    2016 2.007 2.410 2.154 1.595 2.419 2.410 2.699 2.400
    2017 2.079 2.486 2.199 1.649 2.512 2.486 2.791 2.537
    2018 2.196 2.590 2.382 1.738 2.631 2.590 3.015 2.717
    2019 2.290 2.676 2.501 1.863 2.735 2.676 3.207 2.863
    2020 2.277 2.716 2.416 1.837 2.694 2.716 2.888 2.579
    2021 2.416 2.824 2.731 1.942 2.869 2.824 3.282 2.934
    2022 2.548 2.930 2.883 2.086 2.978 2.930 3.433 3.061
    Nota: non se inclúe ‘Outro tipo’ por falta de tamaño de mostra

    En 2022 os fogares onde os salarios son a fonte principal de ingresos teñen un ingreso medio mensual de 2.930 euros, superior ao ingreso medio daqueles fogares que teñen como principal fonte de ingreso o traballo por conta propia (2.883 euros) ou as prestacións (2.086 euros); diminuíndo estas diferenzas con respecto ao ano 2021, máis na liña dos anos anteriores.

    Así, en 2021 os fogares onde os salarios eran a fonte principal de ingresos tiñan un ingreso medio mensual superior en 93 euros ao ingreso medio mensual nos fogares con traballo por conta propia como fonte principal de ingresos; en 2022 esta diferenza é de 47 euros.

    Se nos limitamos aos fogares con persoas asalariadas, os ingresos medios por fogar daqueles onde a fonte principal dos seus ingresos son os salarios aumenta con respecto ao ano anterior (2.930 euros en 2022 fronte a 2.824 euros en 2021) ao igual que nos fogares onde a súa fonte principal de ingresos é o traballo por conta propia (3.433 euros en 2022 fronte a 3.282 euros en 2021) ou as prestacións (3.061 euros en 2022 fronte a 2.934 euros en 2021).

    Comparación do ingreso medio mensual por fogar

    O ingreso medio mensual por fogar nos fogares con algunha persoa asalariada é superior ao ingreso medio mensual por fogar en todos os anos do período 2007-2022. Así, estes fogares teñen un ingreso superior en algo máis de 430 euros mensuais.
    Dáse unha diferenza similar cando nos restrinximos aos fogares nos que os salarios son a fonte principal de ingresos.

       

    Evolución do ingreso medio mensual do fogar. Galicia
    Unidade: Euros


    Ingresos salariais dos fogares

    Ingresos dos fogares por tipoloxía do ingreso: salarios e outros

    Calculamos os valores medios dos ingresos mensuais por fogar segundo a súa tipoloxía:
  • salarios
  • traballo conta propia
  • prestacións
  • outro tipo
  • Para cada tipo de ingreso o valor medio por fogar calcúlase nos fogares onde teñen ese tipo de ingreso.

    Importe medio por fogar dos diferentes tipos de ingresos e incidencia. Galicia
    Unidade: Euros e porcentaxe
    Importe medio mensual
    Incidencia
    Salarios Traballo conta propia Prestacións Outro tipo Salarios Traballo conta propia Prestacións Outro tipo
    2007 1.894 1.298 938 402 61,11 20,52 59,27 11,72
    2008 1.859 1.252 919 360 61,33 19,25 63,88 16,93
    2009 1.849 1.217 947 396 59,58 19,16 65,25 14,40
    2010 1.820 1.125 971 346 58,33 19,13 66,18 16,84
    2011 1.744 1.047 1.011 316 57,92 18,32 63,90 19,06
    2012 1.727 1.064 1.065 366 55,82 18,22 65,01 15,39
    2013 1.748 1.080 1.106 304 54,51 18,55 63,73 17,31
    2014 1.768 1.042 1.126 319 54,63 18,14 62,68 16,95
    2015 1.775 1.118 1.125 313 55,29 17,08 62,38 17,99
    2016 1.789 1.197 1.172 345 56,63 17,59 61,66 17,53
    2017 1.867 1.291 1.229 347 56,82 17,10 60,69 14,93
    2018 1.947 1.332 1.287 390 58,05 17,87 59,45 15,99
    2019 1.965 1.342 1.334 388 59,19 18,51 60,91 16,96
    2020 1.913 1.238 1.192 378 59,07 17,55 72,84 16,26
    2021 2.080 1.464 1.393 377 59,87 16,49 62,29 16,19
    2022 2.161 1.547 1.507 417 60,37 17,54 59,95 16,49

    Os salarios son a tipoloxía de ingresos que teñen un valor medio superior por fogar. Así, no ano 2022 o 60,37% dos fogares teñen algunha persoa asalariada e nestes fogares o importe medio por fogar dos salarios é de 2.161 euros. No ano 2022 o ingreso salarial medio por fogar aumenta con respecto ao ano anterior un 3,89 %; ao contrario do acontecido en 2020, ano no que descendeu o ingreso medio mensual por fogar con respecto ao anterior.

    Evolución do importe medio mensual por fogar por tipoloxía de ingresos. Galicia
    Unidade: Euros

       

    O importe medio dos ingresos salariais por fogar diminuíu no período 2007-2012 e aumentou no 2012-2019, superando en 2018 por primeira vez a cifra de inicio. En 2022 o importe medio por fogar dos ingresos salariais é de 2.161 euros, 81 euros superior ao importe medio no ano 2021 (2.080 euros mensuais por fogar).

    O importe medio por fogar dos ingresos provenientes do traballo por conta propia e prestacións teñen unha evolución similar. O importe medio mensual dos ingresos por traballo por conta propia no ano 2022 é de 1.547 euros por fogar, algo superior ao importe das prestacións que é de 1.507 euros por fogar

    Ingresos medios totais (total de fogares) e salariais (fogares con algunha persoa asalariada) segundo a fonte principal do ingreso do fogar

    Ingreso medio total e salarial por fogar (fogares con algunha persoa asalariada) segundo a fonte principal de ingreso do fogar sexan os salarios ou non. Galicia
    Unidade: Euros
    Ingreso medio mensual por fogar
    Ingreso salarial
    Salarios Traballo conta propia, prestacións ou outros Total Salarios Traballo conta propia, prestacións ou outros Total
    2007 2.486 2.567 2.500 2.118 845 1.894
    2008 2.491 2.536 2.499 2.108 788 1.859
    2009 2.487 2.468 2.484 2.111 779 1.849
    2010 2.491 2.389 2.471 2.089 750 1.820
    2011 2.355 2.345 2.353 1.998 731 1.744
    2012 2.380 2.320 2.366 2.018 725 1.727
    2013 2.373 2.351 2.368 2.023 734 1.748
    2014 2.367 2.328 2.359 2.034 718 1.768
    2015 2.402 2.251 2.370 2.059 705 1.775
    2016 2.410 2.453 2.419 2.068 755 1.789
    2017 2.486 2.612 2.512 2.129 843 1.867
    2018 2.590 2.797 2.631 2.204 907 1.947
    2019 2.676 2.945 2.735 2.251 939 1.965
    2020 2.716 2.624 2.694 2.261 794 1.913
    2021 2.824 3.026 2.869 2.393 971 2.080
    2022 2.930 3.145 2.978 2.479 1.031 2.161

    En 2022 os fogares que teñen como fonte principal dos seus ingresos os salarios teñen en promedio un ingreso total mensual de 2.930 euros, dos que 2.479 corresponderían ao ingreso por salarios.

    Os fogares nos que os salarios non son a fonte principal de ingresos teñen un ingreso medio total superior ao dos fogares nos que os salarios son a fonte principal dos seus ingresos con 3.145 euros mensuais de ingreso medio en 2022, dos que 1.031 euros corresponden a salarios.


    Definicións, fontes e máis información

    Definicións

    Descarga de datos

    Fontes de información

    IGE. Enquisa estrutural a fogares