ÍNDICE


Estudo de salarios / Salarios nos sete grandes concellos galegos

Introdución

Neste apartado emprégase como fonte a Mostra continua de vidas laborais (MCVL) facilitada pola Seguridade Social. A MCVL é un conxunto de microdatos anonimizados procedentes de diversos rexistros administrativos: da Seguridade Social, do Padrón municipal de habitantes e da Axencia Tributaria. Constitúe unha mostra representativa de todas as persoas que tiveron relación coa Seguridade Social no ano de referencia, ben porque estiveran afiliadas en situación de alta laboral, ben porque recibiron unha prestación contributiva ou subsidio por desemprego, ou ben porque percibiron algún tipo de pensión contributiva da Seguridade Social. Os resultados que se presentan neste estudo proceden dunha explotación dos datos dispoñibles na MCVL para a Comunidade Autónoma de Galicia. Co obxecto de que os resultados poidan ser comparables cos procedentes da Enquisa de estrutura salarial do Instituto Nacional de Estadística (INE), os datos refírense única e exclusivamente a relacións contractuais en alta laboral a 31 de outubro de cada ano. Ademais, e para limitar o efecto distorsionante que producen as relacións contractuais de moi curta duración sobre os datos agregados, estudáronse unicamente as relacións que cumpriran a condición de estar en alta, polo menos, durante os tres meses completos de setembro, outubro e novembro.

Para a determinación dos salarios do persoal empregado por conta allea, na MCVL utilízanse as percepcións declaradas na clave A do Modelo 190 “Resumo anual de retencións e ingresos a conta do IRPF sobre rendementos do traballo, de determinadas actividades económicas, premios e determinadas imputacións de renda” da Axencia Tributaria. Esta clave inclúe todas as percepcións, monetarias ou en especie, satisfeitas pola persoa ou entidade declarante en concepto de rendementos do traballo. Estas retribucións incluirán, así mesmo, as axudas satisfeitas por desprazamentos e os gastos de viaxe por motivos de traballo exceptuados de gravame. É preciso aclarar, ademais, que se refire a percepcións salariais brutas, isto é, antes do pagamento de impostos e que estas inclúen, así mesmo, os importes correspondentes ás percepcións en especie.

O Modelo 190 ofrece información sobre as percepcións salariais anuais do traballador ou da traballadora en cada un dos seus vínculos laborais coa empresa. Posto que neste estudo se traballa con relacións contractuais, e ao longo dun mesmo vínculo laboral se poden suceder varios contratos, para calcular o salario por hora primeiramente distribuíuse o salario anual entre as distintas relacións contractuais en función da duración de cada unha, ponderada polo coeficiente de tempo parcial. Así obtívose a percepción salarial diaria en cada relación contractual:

Percepción salarial diaria = Importe anual / (Número de días traballados x Coeficiente de tempo parcial)

A continuación, para calcular a percepción salarial por hora, distribuíuse a percepción diaria ao longo dunha xornada laboral normal de 8 horas:

Percepción salarial por hora = Percepción salarial diaria / 8

O número de días traballados obtense considerando o tempo que a persoa se atopa afiliada á Seguridade Social en alta laboral.

(para máis información sobre a explotación da MCVL, consultar aquí).

Durante o ano 2020 o mercado laboral galego viuse afectado polas consecuencias derivadas da pandemia da COVID-19 e as medidas paliativas que se puxeron en marcha para facerlle fronte. Ambas circunstancias influíron nos resultados da explotación da Mostra Continua de Vidas Laborais desta edición; dende esta ligazón pode obterse máis información ao respecto.


Salarios segundo o sexo


Segundo os datos da explotación da MCVL facilitada pola Seguridade Social, no 2022 o salario por hora medio en Galicia situouse nos 9,4 euros, mentres que a mediana foi de 7,5 euros por hora, o que quere dicir que o 50% das persoas asalariadas ten un salario inferior aos 7,5 euros a hora. No referente aos sete grandes concellos galegos, a excepción de Lugo e Ourense, todos teñen un salario medio igual ou superior á media galega. Polo que se refire ás diferenzas por sexo e tal e como ocorre no conxunto de Galicia, os salarios medios e os medianos por hora nos sete grandes concellos galegos son superiores no caso dos homes aos que perciben as mulleres.


Salarios por hora segundo o sexo (media e mediana). Galicia e grandes concellos. Ano 2022
Unidade: euros por hora
Media
Mediana
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Galicia 9,4 10,0 8,8 7,5 7,9 6,9
15030 Concello da Coruña 10,9 11,9 10,1 8,2 8,8 7,7
15036 Concello de Ferrol 9,6 10,3 8,7 7,9 8,5 7,2
15078 Concello de Santiago 10,6 11,3 9,9 8,5 8,8 8,3
27028 Concello de Lugo 9,0 9,3 8,8 7,3 7,4 7,2
32054 Concello de Ourense 9,2 9,6 9,0 7,4 7,7 6,9
36038 Concello de Pontevedra 9,9 10,1 9,6 8,2 8,2 8,2
36057 Concello de Vigo 10,4 11,0 9,8 8,1 8,7 7,8




Salarios segundo os grupos de idade


Tendo en conta a desagregación do salario por hora segundo a idade, pódese observar que a medida que aumenta a idade tamén aumentan os salarios medios. Así, as persoas de 55 e máis anos son as de maiores salarios, e estes son máis elevados nos concellos da Coruña, Santiago e Vigo. No caso dos salarios medianos, non en todos os concellos se cumpre esta relación e, por exemplo, en Ferrol, en Pontevedra e en Vigo, o grupo de idade que percibe un salario mediano por hora máis alto é o de 45 a 54 anos.


Salarios por hora segundo os grupos de idade (media e mediana). Galicia e grandes concellos. Ano 2022
Unidade: euros por hora
Media
Mediana
Total [16,35) [35,45) [45,55) 55 e máis Total [16,35) [35,45) [45,55) 55 e máis
Galicia 9,4 7,7 9,4 9,9 10,4 7,5 6,6 7,5 7,8 8,1
15030 Concello da Coruña 10,9 8,6 11,3 11,5 11,8 8,2 6,9 8,5 8,4 8,9
15036 Concello de Ferrol 9,6 7,6 10,4 9,9 10,0 7,9 6,9 7,8 9,2 8,4
15078 Concello de Santiago 10,6 8,7 10,1 11,5 11,8 8,5 7,4 8,2 9,0 9,7
27028 Concello de Lugo 9,0 7,6 8,4 9,3 11,0 7,3 6,5 7,2 7,6 8,7
32054 Concello de Ourense 9,2 7,9 8,4 9,2 11,3 7,4 6,6 7,1 7,5 8,6
36038 Concello de Pontevedra 9,9 8,0 9,8 10,8 10,2 8,2 7,0 8,1 9,1 8,6
36057 Concello de Vigo 10,4 8,2 10,5 10,8 11,5 8,1 6,6 8,3 8,8 8,5



Salarios segundo o sexo e tipo de contrato


O tipo de contrato é unha das variables determinantes do nivel salarial. Nos sete grandes concellos, os salarios son superiores para as persoas con contrato indefinido no concello de A Coruña. No resto, os salarios por hora das persoas que están vinculadas á empresa por medio dun contrato temporal é superior ao que perciben as persoas con contrato indefinido.


Media dos salarios por hora segundo o sexo e o tipo de contrato. Galicia e grandes concellos. Ano 2022
Unidade: euros por hora
Total
Indefinido
Temporal
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Galicia 9,4 10,0 8,8 9,0 9,8 8,1 9,2 9,2 9,1
15030 Concello da Coruña 10,9 11,9 10,1 10,6 11,9 9,5 10,3 10,4 10,2
15036 Concello de Ferrol 9,6 10,3 8,7 9,3 10,6 7,8 9,6 9,3 * 9,8 *
15078 Concello de Santiago 10,6 11,3 9,9 9,7 10,9 8,3 10,5 10,4 10,6
27028 Concello de Lugo 9,0 9,3 8,8 8,0 8,7 7,4 8,9 8,9 * 8,9
32054 Concello de Ourense 9,2 9,6 9,0 8,0 8,7 7,3 10,0 9,6 10,2
36038 Concello de Pontevedra 9,9 10,1 9,6 9,3 10,0 8,6 10,2 10,1 * 10,2
36057 Concello de Vigo 10,4 11,0 9,8 10,1 10,9 9,2 10,5 10,5 10,4

(*) Poucas observacións mostrais, polo que o dato está afectado por un elevado erro de mostraxe


Salarios segundo o sexo e tipo de xornada


Tal e como xa se amosou no capítulo 5, o salario medio das persoas con xornada a tempo parcial en Galicia é menor que o das persoas con xornada a tempo completo. Esta situación mantense nos sete grandes concellos galegos.


Media dos salarios por hora segundo o sexo e o tipo de xornada. Galicia e grandes concellos. Ano 2022
Unidade: euros por hora
Total
Completa
Parcial
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Galicia 9,4 10,0 8,8 9,8 10,1 9,3 8,2 8,9 7,9
15030 Concello da Coruña 10,9 11,9 10,1 11,6 12,4 10,9 8,5 9,4 8,1
15036 Concello de Ferrol 9,6 10,3 8,7 10,2 10,6 9,6 7,6 8,5 * 7,2
15078 Concello de Santiago 10,6 11,3 9,9 11,2 11,8 10,6 8,2 8,4 8,1
27028 Concello de Lugo 9,0 9,3 8,8 9,5 9,6 9,5 7,2 7,4 7,1
32054 Concello de Ourense 9,2 9,6 9,0 9,7 9,7 9,7 7,7 8,8 7,2
36038 Concello de Pontevedra 9,9 10,1 9,6 10,1 10,0 10,3 8,8 10,7 7,8
36057 Concello de Vigo 10,4 11,0 9,8 10,8 11,2 10,2 9,1 9,6 9,0

(*) Poucas observacións mostrais, polo que o dato está afectado por un elevado erro de mostraxe


Evolución dos salarios por hora


Na seguinte táboa pódese observar a evolución dos salarios medios e medianos por hora dende o ano 2015 en Galicia, nas provincias e nos sete grandes concellos da nosa Comunidade Autónoma.


Evolución dos salarios por hora. Galicia e grandes concellos. Ano 2022
Unidade: euros por hora
Media
Mediana
2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
Galicia 8,0 8,1 8,4 8,4 8,6 8,4 8,9 9,4 6,4 6,4 6,6 6,7 6,9 6,8 7,1 7,5
15 A Coruña 8,4 8,5 8,7 8,7 9,0 8,8 9,2 9,9 6,6 6,6 6,8 6,9 7,1 6,9 7,2 7,7
15030 Concello da Coruña 9,6 9,7 9,6 9,7 10,2 9,9 10,2 10,9 7,1 7,1 7,2 7,2 7,5 7,4 7,7 8,2
15036 Concello de Ferrol 8,5 8,6 8,4 8,7 8,6 8,4 8,8 9,6 7,0 7,1 7,1 7,2 7,4 7,2 7,5 7,9
15078 Concello de Santiago 9,0 9,2 9,5 9,4 10,1 9,5 10,0 10,6 7,2 7,3 7,5 7,5 7,9 7,9 8,2 8,5
27 Lugo 7,2 7,2 7,6 7,6 7,8 7,7 8,2 8,6 5,9 5,9 6,1 6,2 6,4 6,4 6,7 7,0
27028 Concello de Lugo 7,8 7,8 7,9 8,1 8,1 8,0 8,4 9,0 6,3 6,4 6,4 6,6 6,8 6,6 6,9 7,3
32 Ourense 7,2 7,3 7,8 7,5 7,8 7,6 8,1 8,5 5,8 5,9 6,0 6,1 6,3 6,2 6,6 6,8
32054 Concello de Ourense 7,9 8,0 8,1 8,1 8,4 8,3 8,9 9,2 6,4 6,4 6,5 6,6 6,7 6,5 7,1 7,4
36 Pontevedra 8,1 8,2 8,4 8,5 8,7 8,4 8,9 9,4 6,5 6,5 6,7 6,8 7,0 6,8 7,2 7,5
36038 Concello de Pontevedra 8,6 8,5 8,5 8,6 9,0 8,8 9,3 9,9 7,2 7,2 7,1 7,2 7,6 7,4 7,8 8,2
36057 Concello de Vigo 9,0 9,1 9,4 9,4 9,6 9,2 9,8 10,4 7,3 7,4 7,5 7,5 7,8 7,5 7,9 8,1


Densidade dos salarios por hora


No seguinte gráfico amósase a densidade dos salarios por hora para os sete grandes concellos de Galicia. Este gráfico amosa a distribución salarial das persoas que residen en cada concello e como de concentrado se atopa o salario por hora en torno ao valor modal. En termos xerais, a distribución é similar nos sete concellos máis poboados de Galicia. Lugo é o concello con aparente maior concentración de persoas en torno ao valor modal e, polo tanto, o que amosa menor dispersión salarial. No concello de Santiago de Compostela, pola contra, a distribución suxire que existe maior variabilidade no salario por hora que perciben os seus residentes.



Definicións, fontes e máis información

Definicións

Salario

Para a determinación dos salarios do persoal empregado por conta allea, na Mostra continua de vidas laborais utilízanse as percepcións declaradas na clave A do Modelo 190 “Resumo anual de retencións e ingresos a conta do IRPF sobre rendementos do traballo, de determinadas actividades económicas, premios e determinadas imputacións de renda” da Axencia Tributaria. Esta clave inclúe todas as percepcións, monetarias ou en especie, satisfeitas pola persoa ou entidade declarante en concepto de rendementos do traballo. Estas retribucións incluirán, así mesmo, as dietas satisfeitas por desprazamentos e os gastos de viaxe por motivos de traballo exceptuados de gravame. É preciso aclarar, ademais, que se refire a percepcións salariais brutas, isto é, antes do pago de impostos e que estas inclúen, así mesmo, os importes correspondentes ás percepcións en especie.

Descarga de datos

Fontes de información

Elaboración propia a partir da Mostra continua de vidas laborais (MCVL) facilitada pola Seguridade Social