Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Mediana das ganancias medias por hora

Salarios desde o punto de vista do perceptor: Mediana das ganancias medias por hora

ÍNDICE


Mediana das ganancias medias por hora segundo o sexo

A mediana das ganancias medias por hora defínese coma o valor tal que a metade da poboación nesa rexión/país gaña menos o igual que ese valor e a outra metade gaña máis. Os datos son relativos a asalariados de empresas de 10 ou máis traballadores, incluídas nalgunha das seccións B a S (excluída a O) da CNAE 2009.

En Galicia, a metade dos asalariados, no ano 2018, teñen un salario por hora non superior a 9,4 euros. Este valor é inferior para as mulleres que para os homes, 8,5 euros por hora, fronte a 9,9 euros por hora.

Mediana das ganancias medias por hora segundo o sexo. Galicia
Unidade: Euros
Tempo Total Homes Mulleres
2006 6,6 6,9 6
2010 8,5 9,1 7,6
2014 8,9 9,6 8
2018 9,4 9,9 8,5

 

Mediana das ganancias medias por hora segundo a idade

Se se analiza a mediana das ganancias medias por hora segundo a idade para o ano 2018, obsérvase que este valor aumenta a medida que aumenta a idade. Así a mediana aumenta un 31,17% de ter menos de 30 anos a ter 50 ou máis anos.

Mediana das ganancias medias por hora segundo a idade. Galicia
Unidade: Euros
Tempo Total Menor de 30 anos 30-49 anos 50 anos e máis
2006 6,6 6,1 6,7 8
2010 8,5 7,2 8,6 9,9
2014 8,9 7,4 8,9 10,1
2018 9,4 7,7 9,4 10,1

 

Mediana das ganancias medias nos países da Unión Europea

A mediana das ganancias medias por hora para Galicia situouse no 2018 en 9,40 euros por hora, na mitade da táboa de países da UE, e inferior á de España, 10,05 euros.

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE