Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Proporción de asalariados con salarios baixos

Salarios desde o punto de vista do perceptor: Proporción de asalariados con salarios baixos

ÍNDICE


Proporción de asalariados con salarios baixos

Considéranse asalariados con salarios baixos aqueles que gañan 2/3 ou menos da mediana das ganancias brutas por hora na rexión/país de referencia. Polo tanto, cómpre resaltar que o limiar empregado para determinar que salarios son baixos é específico de cada país. Para o cálculo deste indicador só se consideran os asalariados de empresas de 10 ou máis asalariados incluídas nalgunha das seccións B a S (excluída a O: “Administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria”) da CNAE 2009

En Galicia, no ano 2018 o 13,1% dos asalariados tiña salarios baixos, unha porcentaxe lixeiramente superior á do ano 2006, que era do 8,2%.

A consideración deste indicador segundo o sexo permite observar importantes diferenzas entre homes e mulleres. Así, no ano 2018 a porcentaxe de mulleres asalariadas con salarios baixos en Galicia acadou o valor do 19,1% fronte ao 7,4% dos homes.

Porcentaxe de asalariados con salarios baixos segundo o sexo. Galicia
Unidade: Porcentaxe
Sexo 2006 2010 2014 2018
Total 8,2 10,5 11,2 13,1
Homes 4,0 4,7 6,3 7,4
Mulleres 13,9 17,4 16,3 19,1

 

Proporción de asalariados con salarios baixos segundo a idade

Se se fai a análise da proporción de salarios baixos segundo a idade, obsérvase que nos menores de 30 anos este indicador ascende ao 20,1%, moi por encima do dato para os asalariados de 50 e máis anos, que se sitúa no 11,9%.

Porcentaxe de asalariados con salarios baixos segundo a idade. Galicia
Unidade: Porcentaxe
Edad 2006 2010 2014 2018
Total 8,2 10,5 11,2 13,1
Menor de 30 anos 13,0 18,2 19,8 20,1
30-49 anos 6,1 9,9 10,9 12,6
50 anos e máis 6,6 7,2 8,6 11,9

 

Proporción de asalariados con salarios baixos segundo o nivel de estudos

Tendo en conta a proporción de asalariados con salarios baixos segundo o nivel de estudos, obsérvase que a medida que aumenta o nivel de estudos a proporción de asalariados con salarios baixos é menor.

Porcentaxe de asalariados con salarios baixos segundo o nivel de estudos. Galicia
Unidade: Porcentaxe
Nivel de estudos 2014 2018
Total 11,2 13,1
Menos que primaria, primaria e secundaria 1ª etapa 15,6 20,5
Secundaria 2ª etapa e postsecundaria non terciaria 12,3 13,1
Terciaria 5,2 4,0

 

Proporción de asalariados con salarios baixos nos países da Unión Europea

A comparación por países debe realizarse con cautela debido á existencia de umbrais diferentes para cada país. Non obstante, os datos de Eurostat reflicten que no ano 2018 en Galicia esta porcentaxe é do 13,10% e en España do 14,33%.

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE