Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Fenda salarial

Salarios desde o punto de vista do perceptor: Fenda salarial

ÍNDICE


Fenda salarial

A fenda salarial é un indicador que representa a diferenza entre a ganancia media por hora dos homes e a ganancia media por hora das mulleres como porcentaxe da ganancia media por hora dos homes. Para o cálculo deste indicador só se consideran os asalariados de empresas de 10 ou máis asalariados incluídas nalgunha das seccións B a S (excluída a O: “Administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria”) da CNAE 2009.

No ano 2018 a fenda salarial en Galicia foi do 8,50%. Isto significa que os homes gañan máis que as mulleres, en concreto, un 8,50% máis. A

Ao analizar a evolución temporal deste indicador obsérvase que a fenda salarial entre homes e mulleres reduciuse entre 2014 e 2018 tres puntos porcentuais; isto quere dicir que as diferencias salariais entre homes e mulleres eran máis abruptas en 2014 do que o son en 2018.

Fenda salarial na industria, construción e servizos
(excepto AAPP, defensa e SS obrigatoria).
Galicia. Ano 2018

Unidade: Porcentaxe
Actividade económica 2014 2018
Industria, construción e servizos (excepto administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria) 11,5 8,5

 

A fenda salarial en Galicia sitúase en 2018 por debaixo da UE28, que acada o valor do 15% e da de España, cuxa fenda se sitúa en 11,90% en 2014.

Fenda salarial segundo o tipo de xornada

Ao ter en conta o tipo de xornada, as diferenzas na fenda salarial diminúen.

No ano 2018, os homes que traballaban a tempo parcial en Galicia gañaban un 18,20% máis (con respecto ao seu salario), que as mulleres que traballaban co mesmo tipo de xornada. Os salarios a tempo completo son máis homoxéneos e a fenda salarial neste tipo de xornada non supera o 6%.

Fenda salarial segundo o tipo de xornada
na industria, construción e servizos
(excepto AAPP, defensa e SS obrigatoria).
Galicia. Ano 2018

Unidade: Porcentaxe
Espazo Total Tempo completo Tempo parcial
Galicia 8,5 5,7 18,2

 

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE