Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Salario bruto anual segundo o tipo de contrato

Salarios desde o punto de vista do perceptor: Salario bruto anual segundo o tipo de contrato

ÍNDICE


Salario bruto anual segundo o tipo de contrato

Para os efectos da enquisa consideráronse dous tipos de contrato, os contratos de duración indefinida e os contratos de duración determinada. Para poder realizar comparacións entre asalariados con contrato de duración indefinida e duración determinada, axustouse o salario daqueles asalariados que non permaneceron todo o ano no centro de traballo e asignóuselles un salario anual equivalente ao que percibirían no caso de traballar durante todo o ano nas mesmas condicións.

O salario dos galegos con contrato de traballo de duración indefinida foi en 2018 superior nun 38,73% ao dos asalariados con contrato de duración determinada. No conxunto do Estado esta diferenza é superior e alcanza, no mesmo ano o 42,75%.

Salario bruto anual segundo o tipo de contrato. España e Galicia. Ano 2018
Unidade: Euros
Espazo Total Duración indefinida Duración determinada
España 24.009,12 25.775,61 18.056,18
Galicia 22.244,59 23.914,96 17.238,79

   


Salario bruto anual segundo o sexo e o tipo de contrato

A análise segundo o sexo reflicte que as diferenzas segundo o tipo de contrato son máis notables nos homes que nas mulleres; mentres os homes con contrato de traballo de duración indefinida cobran un 44,84% máis que os que teñen contrato de duración determinada, nas mullleres esta porcentaxe é do 29,65%.

Salario bruto anual segundo o sexo e o tipo de contrato. Galicia. Ano 2018
Unidade: Euros
Tipo de contrato Total Homes Mulleres
Total 22.244,59 24.826,91 19.543,17
Duración indefinida 23.914,96 26.802,99 20.792,71
Duración determinada 17.238,79 18.505,40 16.038,06

   

No seguinte gráfico represéntase a función de densidade do salario bruto anual para Galicia segundo o sexo e o tipo de contrato.

A densidade dos homes con contrato de duración determinada é máis apuntada que o resto, o que reflicte unha maior concentración dos seus salarios.

En ambos os dous tipos de contratos a densidade das mulleres atópase á esquerda da dos homes, motivado isto polos menores salarios das mulleres.

   

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE