Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Salario bruto anual segundo o nivel de estudos

Salarios desde o punto de vista do perceptor: Salario bruto anual segundo o nivel de estudos

ÍNDICE


Salario bruto anual segundo o nivel de estudos

Os salarios atópanse moi influídos polo nivel de estudos do traballador; canto máis alto sexa este último máis elevado será o seu salario. En Galicia, do mesmo xeito que en España, os traballadores con nivel de estudos igual ou superior ás ensinanzas de formación profesional de grado superior teñen salarios por enriba da media.

Salario bruto anual segundo o nivel de estudos. Galicia e España. Ano 2018
Unidade: Euros
Nivel de estudos España Galicia
Total 24.009,12 22.244,59
Menos que primaria 15.190,30 ..
Educación primaria 17.318,04 16.438,14
Primeira etapa de educación secundaria 18.554,04 17.211,49
Segunda etapa de educación secundaria 22.246,72 21.616,11
Ensinanzas de formación profesional de grao superior e similares 25.751,09 24.028,23
Diplomados universitarios e similares 29.895,43 27.392,31
Licenciados e similiares e doctores universitarios 37.869,24 36.639,26

       


En Galicia, os traballadores con educación primaria teñen unha remuneración inferior nun 26,10% ao salario medio; pola contra, o grupo dos licenciados e similares e doutores universitarios, percibe un salario medio anual un 64,71% superior á media.

Salario bruto anual segundo o sexo e o nivel de estudos

As diferenzas nos salarios entre homes e mulleres diminúen a medida que se incrementa o nivel de estudos alcanzado polos traballadores. Así, mentres no ano 2018 en Galicia, o salario das mulleres con nivel de estudos “Menos que primaria, primaria e secundaria 1ª etapa”, representa o 68,57% do salario dos homes, nos traballadores con educación “Terciaria”, esta porcentaxe alcanza o 74,01%.

Por outra parte, a análise do nivel de estudos alcanzado, non entre sexos senón dentro de cada sexo, amosa que os salarios das mulleres con educación terciaria son un 99,27% superiores aos das mulleres do primeiro grupo; nos homes esta porcentaxe é do 76,20%. Esta situación reflicte unha maior diferenza nos salarios segundo o nivel de estudos nas mulleres que nos homes.

Salario bruto anual segundo o sexo e o nivel de estudos. Galicia. Ano 2018
Unidade: Euros
Nivel de estudos Total Homes Mulleres
Total 22.244,59 24.826,91 19.543,17
Menos que primaria, primaria e secundaria 1ª etapa 16.849,67 19.475,18 13.353,97
Secundaria 2ª etapa e postsecundaria non terciaria 21.616,11 24.890,10 18.421,74
Terciaria 29.995,66 34.314,82 26.610,93

       


Distribución do salario bruto anual segundo o nivel de estudos

Mentres pouco máis do 10% dos asalariados con nivel de estudos “Menos que primaria, primaria e secundaria 1ª etapa” perciben salarios superiores a 26.000 euros, nos que teñen nivel de formación “Secundaria 2ª etapa e postsecundaria non terciaria” esta porcentaxe está próxima ao 25% e nos de educación “Terciaria” está moi cerca do 50%.

Percentís do salario bruto anual segundo o nivel de estudos. Galicia. Ano 2018
Unidade: Euros
Percentil Menos que primaria, primaria e secundaria 1ª etapa Secundaria 2ª etapa e postsecundaria non terciaria Terciaria
Percentil 10 6.621,01 10.260,30 11.482,70
Percentil 25 11.736,70 14.227,01 17.284,27
Percentil 50 16.303,20 18.708,20 25.963,71
Percentil 75 20.309,33 26.317,74 35.320,52
Percentil 90 26.118,63 36.408,23 51.101,24

       


No gráfico das curvas de densidade dos salarios segundo o nivel de estudos pódese observar que nos traballadores con educación “Terciaria” os salarios están moito máis dispersos que nos outros dos grupos.

Por outra parte, os salarios dos traballadores con nivel de estudos “Menos que primaria, primaria e secundaria 1ª etapa” son os máis baixos e os que presentan maior concentración en torno ao valor modal (pico da curva), tal e como reflicte o feito de que a curva de densidade deste grupo sexa a que aparece máis desprazada cara á esquerda e ademais a que presenta un pico máis pronunciado.

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE