Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Salario bruto anual segundo a actividade económica

Salarios desde o punto de vista do perceptor: Salario bruto anual segundo a actividade económica

ÍNDICE


Salario bruto anual segundo a actividade

Existen grandes diferenzas salariais segundo a actividade económica. As actividades económicas máis remuneradas son as “Actividades financeiras e de seguros”, onde o salario anual acada en 2018 en Galicia os 41.905,22 euros, seguidas a grande distancia da “Enerxía” e da “Información e comunicacións”. Por outro lado, as actividades con menor remuneración son as “Actividades artísticas, recreativas e de entretemento; Outros servizos” e o “Transporte e almacenamento; Hostalaría”, nas que o salario bruto anual non acada os 15.000 euros.

Os salarios brutos anuais en Galicia son inferiores aos de España en todas as agrupacións de actividade. Non obstante, as tres agrupacións nas que existen máis similitudes nos salarios son “Administración pública e defensa, seguranza social obrigatoria; Educación; Actividades sanitarias e de servizos sociais”, “Actividades inmobiliarias; Actividades profesionais, científicas e técnicas; Actividades administrativas e servizos auxiliares” e “Construción”, nas que a porcentaxe do salario bruto anual de Galicia sobre o de España alcanza os valores do 97,68%, 96,94% e 94,47% respectivamente.

Salario bruto anual segundo as ramas agregadas de actividade. Galicia e España. Ano 2018
Unidade: Euros
Actividade España Galicia
Total 24.009,12 22.244,59
B,D,E Enerxía 32.403,76 27.022,50
C Industria manufactureira 27.640,15 24.931,23
F Construción 22.971,69 21.700,66
G Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas 21.006,64 19.089,76
H_I Transporte e almacenamento; Hostalaría 18.048,58 14.723,99
J Información e comunicacións 33.118,04 27.891,37
K Actividades financeiras e de seguros 45.043,40 41.905,22
L_N Actividades inmobiliarias; Actividades profesionais, científicas e técnicas; Actividades administrativas e servizos auxiliares 21.414,44 20.760,13
O_Q Administración pública e defensa, seguranza social obrigatoria; Educación; Actividades sanitarias e de servizos sociais 26.837,45 26.215,57
R_S Actividades artísticas, recreativas e de entretemento; Outros servizos 17.304,79 14.760,97


Ganancia por hora segundo a actividade

A análise dos salarios en termos da ganancia por hora permite observar como as maiores diferenzas entre Galicia e España están en “Enerxía”. As menores diferenzas están nas “Actividades inmobiliarias; Actividades profesionais, científicas e técnicas; Actividades administrativas e servizos auxiliares”.

Ganancia por hora segundo as ramas agregadas de actividade. Galicia e España. Ano 2018
Unidade: Euros
Actividade España Galicia
Total 11,95 10,97
B,D,E Enerxía 14,89 11,87
C Industria manufactureira 12,49 11,52
F Construción 10,51 9,70
G Comercio por xunto e ao retallo; reparación de vehículos de motor e motocicletas 10,23 8,95
H_I Transporte e almacenamento; Hostalaría 9,90 8,42
J Información e comunicacións 15,02 12,87
K Actividades financeiras e de seguros 19,68 18,88
L_N Actividades inmobiliarias; Actividades profesionais, científicas e técnicas; Actividades administrativas e servizos auxiliares 10,92 10,66
O_Q Administración pública e defensa, seguranza social obrigatoria; Educación; Actividades sanitarias e de servizos sociais 14,00 13,24
R_S Actividades artísticas, recreativas e de entretemento; Outros servizos 9,86 8,52

Salario bruto anual segundo o sexo e a actividade

As diferenzas salariais entre homes e mulleres aumentan ao excluír da análise a administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria. Neste caso os homes alcanzan un salario bruto anual de 24.666,20 euros, un 30,50% maior que o das mulleres; mentres que, se non se exclúen estas actividades, os homes gañan un 27,04% máis que as mulleres.

Salario bruto anual segundo o sexo e a actividade. Galicia . Ano 2018
Unidade: Euros
Agrupación de acividades económicas Total Homes Mulleres
Total 22.244,59 24.826,91 19.543,17
Industria, construción e servizos (excepto administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria) 21.897,91 24.666,20 18.901,62

      

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE