Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Salario bruto anual segundo a ocupación (CNO 11)

Salarios desde o punto de vista do perceptor: Salario bruto anual segundo a ocupación (CNO 11)

ÍNDICE


Salario bruto anual segundo a ocupación

A ocupación é unha das variables que máis inflúen no nivel salarial. Os salarios dos tres primeiros grupos (“Directores e xerentes”, “Técnicos e profesionais científicos e intelectuais” e “Técnicos e profesionais de apoio”) son superiores á media, tanto en Galicia como en España. En Galicia, no ano 2018, no grupo dos “Directores e xerentes” é onde se acada o salario bruto anual máis alto (61.505,67 euros) e supera nun 176,50% ao salario medio; en España o salario deste grupo acada no ano 2018 a cifra de 54.341,32 euros e supera nun 126,34% ao salario medio.

Ademais, existen grandes diferenzas entre o primeiro grupo, o de “Directores e xerentes”, e os restantes. En Galicia, os salarios deste primeiro grupo son un 89,67% superiores aos do grupo de “Técnicos e profesionais científicos e intelectuais” e en España un 57,48%.

Salario bruto anual segundo a ocupación. Galicia e España. Ano 2018
Unidade: Euros
Ocupación España Galicia
Total 24.009,12 22.244,59
Directores e xerentes 54.341,32 61.505,67
Técnicos e profesionais científicos e intelectuais 34.505,80 32.428,28
Técnicos, profesionais de apoio 29.261,35 28.747,98
Empregados contables, administrativos e outros empregados de oficina 21.730,58 20.439,98
Traballadores dos servizos de restauración, personais, protección e comercio 17.047,80 14.938,80
Artesans e traballadores cualificados das industrias manufactureiras e a construción (excepto operadores de instalacions e maquinaria) 22.617,64 20.889,20
Operadores de instalacions e maquinaria, e montadores 23.184,12 21.246,59
Ocupacións elementais 15.163,76 14.816,48


As ocupacións menos remuneradas son as “Ocupacións elementais” e os “Traballadores dos servizos de restauración, personais, protección e comercio”, nas que o salario bruto non acada en Galicia no ano 2018 os 15.000 euros anuais.

Ao comparar o salario bruto anual de Galicia con España nos distintos grupos de ocupación, pódese observar que as ocupacións onde menor diferenza existe son os “Técnicos, profesionais de apoio”, “Ocupacións elementais” es os “Empregados contables, administrativos e outros empregados de oficina” . Nas restantes ocupacións, só no grupo de “Directores e xerentes” o salario bruto anual en España no ano 2018 no supera ao rexistrado en Galicia.

Ganancia por hora segundo a ocupación

A comparación dos salarios segundo a ocupación en termos de ganancia por hora reflicte basicamente os mesmos resultados que ao considerar o salario bruto anual.

Ganancia por hora segundo a ocupación. Galicia e España. Ano 2018
Unidade: Euros
Ocupación España Galicia
Total 11,95 10,97
Directores e xerentes 23,78 26,06
Técnicos e profesionais científicos e intelectuais 17,43 16,27
Técnicos, profesionais de apoio 13,80 13,06
Empregados contables, administrativos e outros empregados de oficina 10,70 9,83
Traballadores dos servizos de restauración, personais, protección e comercio 9,10 8,06
Artesans e traballadores cualificados das industrias manufactureiras e a construción (excepto operadores de instalacions e maquinaria) 10,34 9,54
Operadores de instalacions e maquinaria, e montadores 10,84 10,40
Ocupacións elementais 8,40 7,89

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE