Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do perceptor / Distribución salarial

Salarios desde o punto de vista do perceptor: Distribución salarial

ÍNDICE


Distribución salarial

O seguinte gráfico amosa a distribución dos salarios en Galicia no ano 2018. Rerepreséntase a relación entre o número de asalariados e o seu salario bruto anual. O salario mediano é de 18.600 euros. Isto indica que o 50% dos asalariados galegos perciben unha retribución bruta non superior a esa cantidade. A distribución é asimétrica, cunha concentración de salarios por debaixo da media.

Percentís do salario bruto anual

No ano 2018 só un 25% dos asalariados galegos percibiron un salario bruto anual superior a 26.946,82 euros e tan só un 10% dos asalariados obtiveron un salario bruto anual superior a 37.884,89 euros.

Os percentís 10 e 25 de España e Galicia son moi similares, o que indica homoxeneidade de salarios nos niveis baixos. As diferenzas aumentan a medida que aumenta o salario e acentúanse no percentil 90, que en España é un 14,51% superior ao de Galicia.

Percentís do salario bruto anual.
España e Galicia. Ano 2018

Unidade: Euros
Percentil España Galicia
Percentil 10 8.457,36 8.568,76
Percentil 25 13.998,29 13.679,88
Percentil 50 20.078,44 18.600,00
Percentil 75 30.057,33 26.946,82
Percentil 90 43.382,16 37.884,89

   

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir dos microdatos da Encuesta de Estructura Salarial elaborada polo INE