ÍNDICE


Estudo de salarios / O mercado de traballo en Galicia / Datos xerais

Poboación en relación coa actividade económica

Evolución da poboación en relación coa actividade económica. Galicia
Unidade: Miles de persoas
2013 2015 2017 2019 2021 2023
Pob. de 16 e máis anos 2.382,3 2.358,2 2.341,9 2.335,3 2.344,4 2.358,8
Poboación activa 1.290,9 1.260,7 1.248,3 1.241,1 1.228,9 1.250,0
Poboación ocupada 1.006,4 1.017,2 1.052,7 1.095,2 1.087,1 1.128,5
Poboación asalariada 775,3 800,2 827,3 878,3 877,7 918,5
Contrato indefinido 598,6 596,7 604,0 645,8 663,3 765,2
Contrato temporal 176,7 203,5 223,3 232,5 214,4 153,2
Poboación parada 284,6 243,4 195,6 145,9 141,8 121,4
Poboación inactiva 1.091,4 1.097,5 1.093,6 1.094,2 1.115,5 1.108,8

   


Evolución da poboación activa, ocupada e parada. Galicia
Unidade: Miles de persoas


No ano 2023 a poboación galega de 16 e máis anos foi de 2.358.800 persoas, das cales 1.250.000 persoas clasifícanse como activas, o que situou a taxa de actividade no 53%.

A cifra media de persoas ocupadas ascendeu a 1.128.500 persoas, situando a taxa de ocupación no 47,80%. A taxa de paro foi do 9,70%, con 121.400 persoas en paro.

Atendendo á situación profesional, en Galicia había 918.500 persoas asalariadas (o 81,40% da poboación ocupada), 765.200 con contrato indefinido e os 153.200 restantes con contrato temporal, de aquí que a taxa de temporalidade se situara no 16,70%.


Principais taxas do mercado laboral segundo o sexo. Galicia e España. Ano 2013
Unidade: Porcentaxes
España
Galicia
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Taxa de actividade 60,0 66,4 53,9 54,2 59,9 49,0
Taxa de ocupación 44,4 49,4 39,6 42,2 46,5 38,3
Taxa de paro 26,1 25,6 26,7 22,0 22,3 21,7
Taxa de temporalidade 23,1 22,2 24,1 22,8 21,5 24,1
Taxa de salarización 82,1 78,1 86,9 77,0 74,0 80,4
Taxa de parcialidade 17,0 8,2 26,4 15,9 6,7 25,3

 

Principais taxas do mercado laboral segundo o sexo. Galicia e España. Ano 2023
Unidade: Porcentaxes
España
Galicia
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres
Taxa de actividade 58,9 64,0 54,0 53,0 57,2 49,2
Taxa de ocupación 51,7 57,1 46,5 47,8 52,1 44,0
Taxa de paro 12,2 10,7 13,9 9,7 8,9 10,5
Taxa de temporalidade 17,2 15,1 19,6 16,7 13,7 19,7
Taxa de salarización 84,8 81,8 88,2 81,4 78,4 84,6
Taxa de parcialidade 14,1 6,8 21,9 14,9 7,3 22,5


Taxa de actividade segundo o sexo. Galicia
Unidade: Porcentaxes

   

Taxa de paro segundo o sexo. Galicia
Unidade: Porcentaxes


Taxa de temporalidade segundo o sexo. Ano 2023
Unidade: Porcentaxes

   

Taxa de salarización segundo o sexo. Ano 2023
Unidade: Porcentaxes


No ano 2023, en Galicia, a taxa de temporalidade (porcentaxe de poboación asalariada con contrato temporal sobre o total de poboación asalariada) situouse no 16,70%. A taxa de salarización (porcentaxe de poboación asalariada sobre o total de poboación ocupada) situouse no 81,40% e a taxa de parcialidade da poboación asalariada (porcentaxe de poboación asalariada con xornada parcial sobre o total de poboación asalariada) situouse no 14,90%. Por sexo as maiores diferenzas danse na taxa de parcialidade, mentres que a porcentaxe de mulleres galegas asalariadas que tiñan xornada parcial foi do 22,50%, nos homes esta porcentaxe foi do 7,30%.

   

Taxa de parcialidade segundo o sexo. Ano 2023
Unidade: Porcentaxes

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE-INE. Enquisa de poboación activa