ÍNDICE


Estudo de salarios / O mercado de traballo en Galicia / Situación de Galicia respecto a Unión Europea

Taxas de paro, ocupación e actividade da poboación de 16 a 64 anos

No ano 2023, España situouse no primeiro posto da lista de países con máis taxa de paro (12,3%), situándose 6,2 puntos por enriba da media comunitaria dos 27 (6,1%). No extremo oposto estaba a República Checa que acadou a menor taxa de paro, un 2,6%. En Galicia a taxa de paro situouse 3,7 puntos por enriba da media europea dos 27.

A taxa de ocupación en Galicia acadou o 66,9% en 2023, situándose 3,5 puntos por debaixo da media comunitaria (70,4%). O país con maior taxa de ocupación foi Holanda (82,4%) e o de menor taxa Italia (61,5%).


          Taxas de paro, ocupación e actividade da poboación de 16 a 64 anos por países da Unión Europea. Ano 2023
          Unidade: porcentaxe

 

Taxa de parcialidade

A porcentaxe de poboación asalariada con xornada parcial sobre o total de poboación asalariada (taxa de parcialidade) foi aumentando dende principio de século ata o ano 2013, onde comeza un lixeiro descenso ata o ano 2023. Neste ano, tanto a galega (14,9%) como a española (14,1%) é inferior á media comunitaria (19,1%). No caso galego situouse 4,2 puntos porcentuais por debaixo da media comunitaria. O país con maior taxa de parcialidade foi Holanda (45,7%) e o menor Rumanía (0,3%).

As diferenzas nesta taxa acentúanse cando desagregamos por sexo, en Galicia, no ano 2023, a taxa pasou do 22,5% para as mulleres ao 7,3% para os homes, no caso da Unión Europea foi do 29,7% das mulleres ao 9,2% dos homes.


 


Taxa de temporalidade

En España e Galicia, a porcentaxe de poboación asalariada con contrato temporal sobre o total de poboación asalariada (taxa de temporalidade) presenta diferenzas respecto á media Europea, aínda que estas diferenzas foron diminuíndo ao longo dos anos, na actualidade á media Galega supera en 3,2 puntos a media da EU27.

A taxa de temporalidade presenta lixeiras diferenzas segundo o sexo. En Galicia, no ano 2023 foi do 19,7% para as mulleres e do 13,7% para os homes; no caso da Unión Europea e a taxa de temporalidade das mulleres foi do 14,3% fronte ao 12,7% dos homes.


 


Taxa de salarización

Por último, analízase a taxa de salarización, é dicir, a porcentaxe de poboación asalariada sobre o total de poboación ocupada. Como mostran as gráficas seguintes, as porcentaxes son similares no caso de España e a UE27. No caso galego a taxa é menor, no ano 2023 situouse no 81,4%, 3,4 puntos por debaixo da media española e 4,2 puntos por debaixo da media da UE27. Por países, Dinamarca presentou a maior taxa (91,6%) e Grecia a menor (69%).


 


Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

Datos de Galicia: IGE/INE. Enquisa de poboación activa
Datos de Europa: Eurostat/ LFS: EU Labour Force Survey. Extraído o 15/05/2024 Nota: Para o cálculo das taxas, Eurostat inclúe a poboación de 15 anos.