Estudo de salarios / O mercado de traballo en Galicia / Situación de Galicia respecto das Comunidades Autónomas
No ano 2023, Galicia situouse no posto sete da lista de comunidades con menor taxa de paro da poboación de 16 a 64 anos (9,8%), situándose 2,5 puntos por debaixo da media estatal (12,3%). País Vasco acadou a menor taxa de paro, un 7,8%, no extremo oposto estaba Ceuta que acadou a maior taxa de paro, un 30,3%.
A taxa de ocupación da poboación de 16 a 64 anos en Galicia acadou o 66,9% en 2023, moi similar á media estatal (66,5%). A comunidade con maior taxa de ocupación foi Madrid (71,3%) e a de menor taxa Melilla (49,5%).
Taxas de paro, ocupación e actividade da poboación
de 16 a 64 anos por Comunidades Autónomas. Ano 2023
Unidade: porcentaxe
En Galicia, no ano 2023 a porcentaxe de poboación asalariada con contrato temporal sobre o total de poboación asalariada (taxa de temporalidade) foi do 16,7%, moi parecida á media estatal (17,2%). A comunidade con maior taxa de temporalidade foi Extremadura (26,7%) e a comunidade coa taxa máis baixa foi a Comunidade de Madrid (12,5%).
IGE/INE. Enquisa de poboación activa