ÍNDICE


Estudo de salarios / Salarios desde o punto de vista do pagador


Introducción

Neste apartado analízanse os custos laborais medios relacionados coa contratación dos traballadores a partir dos resultados da “Encuesta Anual de Coste Laboral” que ten como obxetivo principal coñecer os niveis das distintas compoñentes do custo laboral. Nesta enquisa investíganse as contas de cotización das empresas con actividade nos tres grandes sectores económicos: industria, construción e servizos (agás as actividades dos fogares como empregadores de persoal doméstico).

Evolución do custo laboral medio por traballador

Evolución do custo laboral medio por traballador. Galicia e España
Unidade: Euros
España
Galicia
Custo laboral bruto Subvencións e deducións Custo laboral neto Custo laboral bruto Subvencións e deducións Custo laboral neto
2001 22.616 195 22.417 20.091 189 19.902
2002 23.496 202 23.294 20.483 178 20.306
2003 24.524 214 24.310 21.617 207 21.410
2004 25.290 223 25.067 21.575 207 21.369
2005 25.968 239 25.730 22.214 235 21.979
2006 26.758 252 26.506 23.505 267 23.238
2007 27.868 267 27.601 24.147 301 23.846
2008 29.610 247 29.363 25.794 258 25.536
2009 30.670 268 30.402 26.710 276 26.434
2010 30.820 278 30.541 27.409 287 27.121
2011 31.170 283 30.887 27.713 308 27.405
2012 30.906 238 30.667 26.733 226 26.507
2013 30.844 158 30.687 27.257 158 27.099
2014 30.653 163 30.490 27.271 146 27.124
2015 30.708 217 30.491 27.133 183 26.950
2016 30.528 217 30.311 27.055 189 26.867
2017 30.745 209 30.536 27.565 177 27.388
2018 31.086 202 30.883 27.990 187 27.803
2019 31.835 203 31.632 29.041 185 28.856
2020 31.150 184 30.966 28.651 170 28.481
2021 32.907 196 32.711 29.854 211 29.643
2022 34.286 227 34.059 30.817 249 30.568
2023 36.131 233 35.897 32.200 288 31.912




O custo total por traballador en Galicia, en termos brutos, foi de 32.200 euros durante o 2023, un 4,5 % máis que no ano anterior. No conxunto do estado, o custo laboral bruto incrementouse un 5,4 % en 2023. O custo laboral neto foi de 31.912 euros por traballador en Galicia en 2023, unha vez deducidos 288 euros en conceptos de subvencións e deducións recibidas das Administracións Públicas para fomentar o emprego e a formación profesional.

   

Evolución do custo laboral bruto por traballador. Galicia e España
Unidade: Euros

Estrutura do custo laboral bruto por traballador

Estrutura do custo laboral bruto por traballador. Galicia e España
Unidade: Euros e porcentaxes
2001
2023
España (Euros) Galicia (Euros) España (%) Galicia (%) Peso España (Euros) Galicia (Euros) España (%) Galicia (%) Peso
Custo laboral bruto 22.616 20.091 100,0 100,0 88,8 36.131 32.200 100,0 100,0 89,1
Soldos e salarios 16.561 14.583 73,2 72,6 88,1 26.556 23.423 73,5 72,7 88,2
Cotizacións obrigatorias 5.137 4.693 22,7 23,4 91,4 8.640 7.962 23,9 24,7 92,2
Beneficios sociais 397 432 1,8 2,2 109,0 492 427 1,4 1,3 86,9
. Cotizacións voluntarias 149 117 0,7 0,6 78,4 179 113 0,5 0,4 63,1
. Prestacións sociais directas 229 300 1,0 1,5 131,1 298 292 0,8 0,9 98,2
. Gastos de carácter social 18 15 0,1 0,1 83,0 15 22 0,0 0,1 146,3
Indemnizacións por despedimento 128 64 0,6 0,3 49,6 195 149 0,5 0,5 76,2
Gastos en formación profesional 79 53 0,3 0,3 67,1 70 56 0,2 0,2 80,1
Gastos derivados do traballo 314 267 1,4 1,3 84,9 177 183 0,5 0,6 103,4
. Gastos en transporte 18 13 0,1 0,1 76,5 9 7 0,0 0,0 78,5
. Outros gastos 297 253 1,3 1,3 85,4 168 176 0,5 0,5 104,8


En 2023 o custo laboral medio por traballador en Galicia representou o 89,1 da media nacional.

O 72,7 % do custo total en Galicia destinouse a salarios (23.423 euros por traballador) e o 24,7 % a cotizacións obrigatorias á Seguridade Social (7.962 euros por traballador).

Do resto de partidas que compoñen o custo, 427 euros anuais por traballador destináronse a beneficios sociais, 149 corresponderon a indemnizacións por despedimento, 56 euros a formación profesional e 183 a gastos derivados do traballo (transporte ata o lugar de traballo, indemnizacións por fin de contrato, pequenas ferramentas e roupa de traballo, …).


Evolución do peso do custo laboral bruto de Galicia no total nacional por sectores de actividade

Evolución do peso do custo laboral bruto de Galicia no total nacional por sectores de actividade
Unidade: Porcentaxes
Tempo Peso Total Peso Industria Peso Construción Peso Servizos
2001 88,8 86,8 86,2 89,9
2002 87,2 85,4 87,5 87,2
2003 88,1 84,5 90,2 88,7
2004 85,3 84,3 82,8 85,5
2005 85,5 84,2 84,4 85,4
2006 87,8 84,7 85,9 88,7
2007 86,6 85,2 85,1 86,7
2008 87,1 84,8 89,3 86,7
2009 87,1 84,9 87,4 87,0
2010 88,9 85,6 92,8 88,5
2011 88,9 85,6 88,7 89,1
2012 86,5 85,4 89,7 85,5
2013 88,4 87,2 89,8 87,3
2014 89,0 85,3 90,2 88,7
2015 88,4 86,4 92,8 87,4
2016 88,6 88,8 90,1 87,3
2017 89,7 88,8 90,3 88,7
2018 90,0 91,1 95,8 87,9
2019 91,2 92,8 99,5 88,8
2020 92,0 93,7 97,4 89,8
2021 90,7 91,1 98,8 89,1
2022 89,9 89,9 98,7 88,2
2023 89,1 91,3 100,0 86,8




Tal e como se observou no apartado anterior o custo laboral medio por traballador en Galicia representou no 2023 o 89,1 % da media nacional.

No sector industrial e no sector servizos o custo laboral medio de Galicia é inferior ao nacional.

En 2023 o sector da construción ten un custo laboral medio observado en Galicia igual ao do conxunto nacional. As diferenzas con España incrementáronse no sector servizos, mentres que se reduciron no sector industrial.

   

Evolución do custo laboral medio por traballador. Galicia e España
Unidade: Porcentaxes


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

INE. Encuesta anual de coste laboral. Extraído de http://www.ine.es