ÍNDICE


Estudo de salarios / A remuneración do factor traballo na economía galega

Introdución

Os datos do Sistema de Contas Económicas de Galicia ofrecen unha perspectiva macroeconómica da remuneración do factor traballo na comunidade autónoma. A metodoloxía seguida na elaboración das Contas Económicas en Galicia permite realizar comparacións con outros espazos económicos. Neste apartado analizarase como evoluciona a remuneración dos asalariados en Galicia, en que sectores está máis concentrada e en cales a remuneración por hora é maior, e veremos como mudou a economía galega nos últimos anos.

Peso da remuneración dos asalariados no PIB

A remuneración de asalariados é unha compoñente do Produto Interior Bruto cando se analiza pola vía das rendas. Indica que parte do valor engadido bruto xerado por unha economía vai destinada a remunerar o factor traballo. Este concepto inclúe a remuneración total, en efectivo ou en especie, a pagar por un empregador a un asalariado a cambio do traballo realizado por este durante o exercicio contable. É un concepto interior, isto é, considera as rendas do traballo pagadas por unidades residentes, independentemente da residencia do asalariado.

Peso da remuneración dos asalariados no PIB. Galicia, España e Europa
Unidade: Porcentaxes
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
Galicia 45,8 45,2 45,2 45,1 44,3 44,2 44,5 45,4 46,4 48,0 47,1 47,5 46,2 45,9 44,9 44,7 44,1 43,8 44,0 45,3 47,5 45,5 43,3 42,8
España 48,8 48,1 47,8 47,3 47,2 46,9 47,0 47,3 49,0 49,6 49,1 48,3 46,7 45,8 45,9 45,7 45,2 45,0 45,4 46,6 50,1 49,0 47,8 47,9
UE27 47,5 47,3 47,3 47,3 46,6 46,4 45,9 45,5 46,4 47,9 47,3 47,0 47,3 47,3 47,2 46,8 47,0 47,0 47,3 47,5 48,7 47,5 46,8 47,0

No ano 2023 o peso dos salarios representa o 42,8% do PIB galego (0,5 puntos porcentuais menos que en 2022). Este indicador acadou o seu máximo en Galicia no ano 2009 (situándose no 48% do PIB).

En España o peso no PIB no ano 2023 tamén é menor ao de 2009 e tamén na media dos países da UE27. A diferenza do que acontece en Galicia, tanto na economía española como na europea a remuneración do factor traballo gañou peso no último ano. Porén, a participación das rendas salariais no PIB é inferior en Galicia que nos outros espazos económicos.

 

Evolución da remuneración de asalariados

Evolución da remuneración de asalariados. Galicia, España e Europa
Unidade: Taxa de variación interanual (%)
2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
Galicia 6,5 6,5 6,6 5,4 7,0 9,2 9,7 4,8 -0,3 -1,9 -1,5 -6,5 -1,1 -0,9 2,6 2,3 2,8 5,0 5,7 -3,7 6,2 3,6 5,9
España 6,5 6,5 5,9 6,7 7,3 8,4 7,8 7,0 -2,6 -0,6 -2,6 -6,2 -2,9 1,3 4,1 2,2 4,0 4,3 6,2 -3,4 6,9 7,3 8,8
UE27 4,4 3,6 2,5 3,1 3,8 4,7 5,4 5,2 -1,4 2,3 2,5 1,3 1,1 2,1 2,7 3,2 4,2 4,3 3,9 -1,5 6,1 7,2 7,0

En termos correntes a evolución da remuneración de asalariados en Galicia volve a ser positiva no ano 2023. Pero o crecemento da remuneración de asalariados en Galicia en 2023 é mais moderado nos outros espazos económicos.

Na UE27 este agregado só cae nos anos 2009 e 2020, e no período 2010-2011 medrou a taxas superiores ao 2 %. En 2012 e 2013 o crecemento deste indicador foi máis moderado, pero recupérase a partir de 2014. En 2017 e 2018 crece por riba do 4 %, pero esta evolución volve a moderarse en 2019 e toma valores negativos en 2020.

 

Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada

Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada. Galicia, España e Europa
Unidade: Euros/hora
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
Galicia 10,8 11,2 11,5 12,1 12,3 12,8 13,4 14,1 15,0 15,7 16,1 16,2 16,1 16,3 16,2 16,5 16,7 16,8 17,5 18,2 19,8 19,8 19,9 20,7
España 13,4 13,7 14,1 14,5 15,0 15,5 16,2 17,0 18,1 18,8 19,1 19,1 19,1 19,3 19,3 19,4 19,4 19,6 19,9 20,8 22,3 22,4 23,1 24,6
UE27 15,1 15,7 16,3 16,7 17,0 17,5 17,9 18,4 19,1 19,5 20,1 20,5 21,1 21,5 21,7 21,9 22,1 22,7 23,3 23,9 25,2 25,3 26,4 27,9

A remuneración por hora asalariada en Galicia alcanzou en 2023 os 20,7 euros. Esta cifra supón o 74% da remuneración por hora na UE27.

Este diferencial Galicia-UE27 reduciuse desde o ano 2000 (a remuneración hora galega representaba o 72 % da europea) ao ano 2009, no que a remuneración por hora asalariada alcanzou o 80 %. Dende ese período o diferencial volve medrar.

Pese a que nos últimos anos se incrementou o diferencial, o balance nos últimos 23 anos é positivo xa que a remuneración por hora asalariada medrou a maior ritmo en Galicia que en España e Europa.

 

Remuneración de asalariados por grandes sectores de actividade. Ano 2023

A información do sistema de contas permite coñecer en que sectores (ou ramas de actividade) está concentrada a remuneración de asalariados. Loxicamente dependerá do volume de traballo asalariado, e da remuneración media en cada sector.

Como na meirande parte das economías occidentais a remuneración dos asalariados concéntrase no sector servizos. Porén, en Galicia, o peso do sector servizos é inferior ao dato español ou da UE27. A achega do sector primario á remuneración dos asalariados é do 2,2% en Galicia no ano 2023, porcentaxe superior á remuneración deste sector en España ou Europa.

Cambios na distribución da remuneración de asalariados por sectores

 

 

Analizando a evolución do peso da remuneración de asalariados por sectores ao longo dos últimos 23 anos obsérvase como o peso da industria vaise reducindo en todo o período, a construción sofre unha caída desde o ano 2007 e o sector servizos non deixa de medrar.

Estes fenómenos son comúns nos tres espazos considerados se ben a magnitude dos cambios é diferente.

Remuneración de asalariados por hora efectiva asalariada por sectores de actividade

Galicia ten unha remuneración de asalariados por hora inferior á media europea en todos os sectores.

As diferenzas son menores no caso do sector da construción, primario, ou da Administración pública, sanidade e educación e relativamente importantes en sectores como o das actividades inmobiliarias, no sector das actividades financeiras e de seguros, da información e das comunicacións ou no das actividades profesionais, científicas e técnicas; actividades administrativas e servizos auxiliares.

As actividades financeiras e de seguros, da Administración pública, sanidade e educación e de información e comunicacións son as que presentan unha maior remuneración por hora en Galicia. En España e na UE27 tamén son estos sectores de actividade os mellor remunerados.

Evolución do custo laboral unitario real

Este indicador compara a evolución da remuneración por asalariado coa evolución da produtividade do traballo e dos prezos. De modo que toma un valor positivo se o crecemento da remuneración por asalariado supera o crecemento da produtividade e dos prezos.

Evolución do custo laboral unitario real. Galicia, España e Europa
Unidade: Taxa de variación interanual (%)
2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
Galicia -3,2 -1,6 -1,0 -2,8 -1,6 -0,2 0,7 2,2 2,6 -0,6 0,0 -2,4 -0,4 -3,0 -0,9 -1,5 -0,7 0,0 3,1 4,1 -3,9 -5,6 -1,5
España -1,9 -0,9 -1,6 -0,6 -1,0 -0,5 0,2 3,6 1,1 -1,1 -1,7 -2,4 -1,3 0,0 -0,5 -1,2 -0,9 0,4 2,4 8,0 -2,2 -3,0 0,2
UE27 -0,5 -0,9 0,0 -1,8 -0,6 -1,3 -1,1 1,7 3,2 -1,3 -0,8 0,7 0,0 -0,4 -1,4 0,0 -0,3 0,4 0,1 2,7 -2,5 -1,6 0,4

En Galicia esta serie só toma valores positivos en 2007, 2008, 2009, 2018, 2019 e 2020.

O último gráfico recolle a evolución das compoñentes do custo laboral unitario real en Galicia (remuneración por asalariado, produtividade do traballo e prezos). E mostra como no ano 2023 a evolución da remuneración media en Galicia (3,4%) é inferior ao conxunto da evolución da produtividade (-0,3 %) e dos prezos (5,3 %) o que provoca que o indicador de evolución do custo laboral unitario real tome un valor negativo (-1,5%).


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Contas económicas de Galicia. Revisión Estatística 2019 (os datos de 2021 son provisionais, e os datos de 2022 e 2023 son avance).
Eurostat. National accounts (ESA 2010)