ÍNDICE


Estudo de salarios / O mercado de traballo en Galicia / Poboación asalariada segundo o sexo e a idade

Poboación asalariada por sexo e grupos de idade. Galicia e España

No ano 2023, en Galicia e España, o maior número de poboación asalariada, corresponde ás idades de 45 a 49 anos. A primeira pirámide establece a comparativa dos anos 2001 e 2023 da poboación asalariada en Galicia. Nesta obsérvase o aumento que se produciu na poboación asalariada feminina, acadando na actualidade un maior equilibrio entre homes e mulleres.

En canto á idade media da poboación asalariada, tal e como mostran as dúas gráficas inferiores, a idade foi en aumento ao longo do período 2006-2023. En Galicia ata o ano 2014 a idade media dos homes foi superior á das mulleres. No ano 2023 a idade media da poboación asalariada sitúase en 44,40 para os homes e 44,70 para as mulleres. Comparando as dúas gráficas inferiores, obsérvase tamén que a idade media da poboación asalariada en Galicia foi, en todo o período, lixeiramente superior á media española.


 



Idade media da poboación asalariada. Galicia
Anos

   


Idade media da poboación asalariada. España
Anos

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE-INE. Enquisa de poboación activa