ÍNDICE


Estudo de salarios / O mercado de traballo en Galicia / Poboación asalariada segundo a ocupación

Poboación asalariada segundo a ocupación. Galicia e España

No ano 2023, do total da poboación asalariada galega, a porcentaxe máis alta (22,09%) correspondía á ocupación “5 Traballadores dos servizos de restauración, persoais, protección e vendedores”. O segundo lugar (18,84%) á ocupación “2 Técnicos e profesionais científicos e intelectuais” e o terceiro lugar (12,25%) as ocupacións “7 Artesáns e traballadores cualificados das industrias manufactureiras e a construción (salvo operadores de instalacións e maquinaria)”. No caso de España apréciase unha distribución similar.

Segundo o sexo, o 30,15% do total de asalariadas galegas traballaban na ocupación “5 Traballadores dos servizos de restauración, persoais, protección e vendedores”, e o 21,67% dos asalariados galegos traballaban na ocupación “7 Artesáns e traballadores cualificados das industrias manufactureiras e a construción (salvo operadores de instalacións e maquinaria)”. As porcentaxes máis baixas no caso das mulleres correspondía á ocupación “0 Ocupacións militares” (0,24%), á ocupación “6 Traballadores cualificados no sector agrícola, gandeiro, forestal e pesqueiro” (0,41%) e á ocupación “1 Directores e xerentes” (1,15%).

Poboación asalariada por ocupación e sexo. Galicia e España. Ano 2023
Unidade: Miles de persoas e porcentaxes
España
Galicia
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Mulleres Galicia % Galicia % España Peso Galicia
Total 17.963,0 9.310,0 8.652,9 918,5 459,1 459,3 50,01 100,00 100,00 5,11
1 Directores e xerentes 479,9 294,8 185,1 14,9 9,5 5,3 35,57 1,62 2,67 3,10
2 Técnicos e profesionais científicos e intelectuais 3.552,3 1.438,3 2.114,1 173,0 63,1 109,9 63,53 18,84 19,78 4,87
3 Técnicos; profesionais de apoio 2.132,0 1.282,9 849,1 109,3 65,2 44,1 40,35 11,90 11,87 5,13
4 Empregados contables, administrativos e outros empregados de oficina 2.035,0 674,6 1.360,3 92,2 29,5 62,7 68,00 10,04 11,33 4,53
5 Traballadores dos servizos de restauración, persoais, protección e vendedores 3.693,2 1.433,9 2.259,3 202,9 64,4 138,5 68,26 22,09 20,56 5,49
6 Traballadores cualificados no sector agrícola, gandeiro, forestal e pesqueiro 166,5 149,0 17,5 15,1 13,2 1,9 12,58 1,64 0,93 9,07
7 Artesáns e traballadores cualificados das industrias manufactureiras e a construción (salvo operadores de instalacións e maquinaria) 1.789,0 1.635,9 153,1 112,5 99,5 13,0 11,56 12,25 9,96 6,29
8 Operadores de instalacións e maquinaria, e montadores 1.476,7 1.262,2 214,5 85,1 71,5 13,6 15,98 9,27 8,22 5,76
9 Ocupacións elementais 2.537,3 1.050,8 1.486,5 108,2 38,8 69,4 64,14 11,78 14,13 4,26
0 Ocupacións militares 101,1 87,6 13,5 5,4 4,3 1,1 20,37 0,59 0,56 5,34



Poboación asalariada segundo a ocupación. Galicia e España. Ano 2023
Unidade: Porcentaxes



Poboación asalariada segundo a ocupación e o sexo. Galicia. Ano 2023
Unidade: Porcentaxes


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE-INE. Enquisa de poboación activa