ÍNDICE


Estudo de salarios / O mercado de traballo en Galicia / Poboación asalariada segundo o nivel de estudos

Poboación asalariada segundo o nivel de estudos

En canto ao nivel de formación da poboación asalariada galega no ano 2023, o 48,79% alcanzou a “Educación superior”, o 25,45% a “Primeira etapa de educación secundaria”, o 23,56% a “Educación secundaria. Segunda etapa”, e o 2,20% restante, “Analfabetos, primarios”. Segundo o sexo, a porcentaxe de mulleres asalariadas con estudos superiores foi do 55,58%, situándose por enriba da dos homes cuxa porcentaxe foi do 41,97%. Por sectores, no sector público o 73,74% das persoas asalariadas tiñan estudos superiores, mentres que no sector privado só o 42,02% tiñan estudos superiores.

Distribución da poboación asalariada por nivel de estudos, sexo e sector. Galicia. Ano 2023
Unidade: Miles de persoas e porcentaxes
Total
Público
Privado
Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Total Homes Mulleres Total Público Privado
Total 918,5 459,1 459,3 196,1 81,6 114,5 722,3 377,5 344,8 100,00 100,00 100,00
Analfabetos, primarios 20,2 12,9 7,2 1,2 1,1 0,1 19,0 11,8 7,2 2,20 0,61 2,63
Primeira etapa de educación secundaria 233,8 137,1 96,7 17,1 10,2 6,9 216,7 126,9 89,8 25,45 8,72 30,00
Educación secundaria. Segunda etapa 216,4 116,3 100,1 33,3 18,0 15,2 183,1 98,3 84,8 23,56 16,98 25,35
Educación superior 448,1 192,7 255,3 144,6 52,2 92,4 303,5 140,5 163,0 48,79 73,74 42,02


Distribución da poboación asalariada por nivel de estudos e sexo. Galicia. Ano 2023
Unidade: Porcentaxes


Distribución da poboación asalariada por nivel de estudos e sector. Galicia. Ano 2023
Unidade: Porcentaxes


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Descarga de datos

Fontes de información

IGE-INE. Enquisa de poboación activa