ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Rendemento medio declarado no IRPF segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2022

Total ZDP ZIP ZPP
Galicia 19.995 22.955 19.418 15.813
   • A Coruña 21.426 24.493 20.976 16.903
   • Lugo 17.984 21.194 18.519 14.849
   • Ourense 17.568 20.750 16.403 14.669
   • Pontevedra 19.676 22.353 18.377 15.486


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Rendemento medio declarado no IRPF segundo o subgrao de urbanización. Galicia

O rendemento medio declarado no IRPF presenta unha relación directa co grao e co subgrao de urbanización, de xeito que crece a medida que aumenta o nivel de urbanización. Así, no ano 2022 o rendemento medio declarado no IRPF varía entre o valor máximo da ZDP (22.954,9 euros) e o mínimo da ZPP baixa (14.642,5 euros).

En canto á evolución temporal, a partir do ano 2015 (2016 no caso da ZPP baixa) o rendemento medio declarado no IRPF comeza a aumentar. A zona na que máis se incrementou o rendemento medio declarado en termos relativos entre 2012 e 2022 foi a ZPP baixa (un 43,4%). No ano 2022 todas as subzonas experimentaron unha evolución positiva do rendemento medio declarado no IRPF respecto ao ano 2021.

2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
Total 15.455,6 15.586,2 15.615,8 16.328,3 16.800,8 17.373,1 17.474,2 17.959,7 17.803,0 18.629,3 19.995,2
ZDP 18.357,8 18.462,5 18.321,9 19.588,1 19.862,3 20.369,4 20.525,0 21.136,3 20.784,9 21.614,0 22.954,9
ZIP alta 15.294,8 15.409,9 15.495,9 16.083,8 16.685,6 17.203,7 17.278,6 17.724,3 17.556,4 18.360,8 19.747,0
ZIP baixa 14.235,9 14.336,8 14.513,7 15.011,2 15.487,9 16.056,0 16.024,6 16.377,3 16.169,7 17.031,6 18.292,5
ZPP alta 13.343,9 13.476,6 13.580,9 13.915,2 14.480,7 15.141,4 15.228,6 15.677,3 15.569,8 16.510,0 17.884,1
ZPP intermedia 11.395,1 11.570,9 11.806,2 12.025,3 12.537,1 13.211,4 13.258,4 13.529,2 13.430,5 14.399,6 15.676,2
ZPP baixa 10.211,8 10.547,8 10.808,0 10.514,0 11.187,7 11.924,6 12.022,5 12.206,8 12.314,5 13.125,2 14.642,5


Definicións, fontes e máis información

Definicións

Rendemento medio declarado no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF):
É o resultado de sumar, en termos xerais, os rendementos reducidos netos do traballo, do capital mobiliario, capital inmobiliario e das actividades económicas do modelo 100 da declaración de IRPF, dividido polo número total de declaración presentadas no exercicio ao que fai referencia a información

Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF):
É un tributo de carácter directo e natureza persoal que grava, segundo os principios de igualdade, xeneralidade e progresividade, a renda das persoas físicas de acordo coas súas circunstancias familiares e persoais. Constitúe o obxecto deste imposto a renda do contribuínte, entendida como a totalidade dos seus rendementos, ganancias e perdas patrimoniais, así como as imputacións de renda que se establezan por lei. O IRPF aplícase en todo o territorio español, sen prexuízo das especificidades normativas das que gozan o País Vasco e Navarra en base aos seus réximes tributarios especiais, Canarias, Ceuta e Melilla.

O tipo de gravame do imposto divídese nunha tarifa estatal e outra autonómica. O IRPF está cedido en parte ás comunidades autónomas. O importe da cesión concrétase na recadación resultante da aplicación do tipo autonómico ás rendas producidas nos territorios autonómicos. Ademais, as administracións autonómicas dispoñen de competencias normativas no que se refire ao cálculo da escala autonómica aplicable á base liquidable xeral, o importe dos mínimos persoal e familiar no cálculo do gravame autonómico e as deducións na cota íntegra autonómica.

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de información subministrada directamente pola Agencia Estatal de la Administración Tributaria